Posts Tagged ‘Vergoña política’

ESPAÑA, o estado chourizo!

Mércores, Novembro 7th, 2012

Hoxe lemos en Público: Fianza de 10,5 millóns de euros a cinco exdirectivos de Novacaixagalicia

Aquí o que había que facer é meter na cadea a todo cidadán que despois dun servizo público se converta en millonario!

Como poden uns fulanos que entran un dia a traballar nunha empresa que era PÚBLICA, retirarse cunha grande fortuna?

Nun mundo de chourizos, os cidadáns somos o picadillo machacado e adobado que os engorda.

Róubannos dende os poderes públicos e dende a banca, e aínda por riba levamos as culpas e pagamos NÓS o pato.

Privatizan a nosa AUGA a nosa ENERXÍA os nosos APARCAMENTOS as nosas ESTRADAS os nosos TRANSPORTES as nosas COMUNICACIÓNS… acabamos pagando ata tres ou catro veces as mesmas cousas, servizos e infraestruturas, para beneficio de chourizos, amigos ou parentes de chourizos.

Privatizan a NOSA SAÚDE o noso ENSINO e os nosos SERVIZOS para espolio do erario publico e ruína das garantías sociais, e beneficio dos CHOURIZOS que toquen.

Contemplamos como familiares de políticos, do rei ou de Franco acaparan grande representación en empresas privatizadas de sectores tan estratéxicos como a telefonía ou a enerxía.

As empresas pequenas afunden con tódolos traballadores por culpa dos bancos afogados entre a falta de liquidez, de pago de débedas e o acoso da seguridade social e a facenda para beneficio das grandes empresas que son impunes a inspeccións fiscais, laborais, de consumo, etc… e ademais reciben axudas para construír accesos e aparcamentos gratuítos.

Traballadores enviados ao paro por políticos e banqueiros corruptos ao servizo do grande capital, perden as súas casa outra vez para beneficio de CHOURIZOS que ademais seguen a cobrar os prestamos de bens xa expropiados…

Casas amortizadas tres e catro veces pola banca que financiaba nunha mesma propiedade ao construtor, ao promotor, ao especulador e ao comprador, ao que lle quita a casa, a banca a segue cobrando volvéndoa poñer á venda.

Unha crise inventada e baseada non na falta de beneficios, senón que na diminución destes por parte dun puñado de empresas da BANCA ou a  AUTOMOCIÓN con ingresos multimillonarios sacados da costela do cidadán traballador, que poden facer ERES despedindo alegremente ao persoal mentres pequenas e medianas empresas afunden, non por diminución de beneficios, senón que por falta de ingresos que permitan facer fronte a seguridade social ou a impostos no prazo debido.

Pódese entender que sexa a propia seguridade social ou facenda a que afunda unha empresa e mande os traballadores á rúa?
Pódese permitir que xestores nefastos vivan a todo trapo e se permitan ollar por riba do ombreiro ao cidadán traballador ao que están a sangrar?

 

Pódese permitir que rescatemos bancos e afundamos empresas e familias?

MERDA DE PAÍS!

 

Idígnense

Venres, Xullo 20th, 2012

#Indignados, o documental sobre o Movemento #15M (Completo)

por Tony Gatlif, director de pelis como “Latcho Drom

Mais de 10 MILLÓNS de españois votan PP sen querer

Luns, Novembro 21st, 2011

No congreso, un 71% dos electores NON votou Partido Popular.

En el congreso un 71% de los electores NO han votado al Partido Popular.

No congreso mais de 10 MILLÓNS de españois votan PP sen querer:

En el congreso mas de 10 MILLONES de españoles votan PP sin querer:

Votos en branco – 333.095 (1,37%)

Votos nulos – 317.886 (1,29%)

Abstencións – 9.710.775 (28,31%)

NO SENADO OS VOTOS VAN DIRECTAMENTE AS DÚAS FORZAS MAIS VOTADAS en proporción fixa 3 a 1:

En el senado no hay minorías, solo los dos partidos mayoritarios de cada provincia tienen representación, y ademas en proporción fija 3 a 1:

NO SENADO MAIS de 2 millóns de votos entre branco e nulos PROTESTAN CONTRA O SISTEMA

En el senado, MAS de 2 millones de votos entre blanco y nulos PROTESTAN CONTRA EL SISTEMA

Abstención 9.889.354 28,83%

Papeletas nulas 904.675 3,71%

Papeletas en blanco 1.263.120 5,37%

http://www.youtube.com/watch?v=0akvUBVkluE&feature=player_embedded

http://www.youtube.com/watch?v=UEUPOsoPWGw&feature=related

Resistiremos? Aí vai un grande tema para catro anos:

15-O no Morrazo

Xoves, Outubro 20th, 2011

O mais simpático  da manifa do sábado en Moaña eran os dous executivos que se pasaban o saco dos cartos por riba das cabezas d@s manifestantes.

Cabe resaltar que no Morrazo somos conscientes do que supoñen as privatizacións, xa que levamos moitos anos padecendo a atención hospitalaria de POVISA, e parece que vai para longo…

Algúns dos slogans:

Somos o fermento que levanta a masa!

Non hai pan para tanto chourizo!

Nin dereitas nin esquerdas…

Son os de arriba e veñen polos de abaixo!

Apaga a tele e acende a mente!

Trans-pa-ren cia!

Privatizamos ganancias e socializamos perdas!

Mexan por nos e dinnos que chove!

Penso, logo estorbo!

Non é crise, é o sistema! Non é crise, é estafa!

Que nos gobernen as putas…

Os seus fillos non saben!

Netos no paro, avós traballando!

Pedironme que lera unha das reivindicacións, e non tiven reparo en ler contra a banca reclamando soberanía económica, banca pública, a dación en pago dos cretos hipotecarios, o control das transaccións internacionais, a desaparición dos paraísos fiscais e dos privilexios dos grandes capitais, criterios de comercio xusto e produción enerxética baseados en valores éticos e sostibles para o medio ambiente… CASE NADA!

É unha magoa que non se atopo por Internet o texto completo do que se leu. Penso que se quedaron cortos ao falar das multinacionais coma se só afectaran aos países pobres, co dano que están a facer aos produtores minifundistas de TODO O MUNDO, incluidos o noso leite, o noso agro, a pesca, e a nosa pequena empresa que esta a ser barrida dun plumazo.

Pero penso que a divertida marcha foi todo un éxito tendo en conta que o groso da xente acudiu á multitudinaria convocatoria do veciño Vigo.

Saúde e revolución!