Posts Tagged ‘Terrorismo’

Terrorismo

Venres, Xaneiro 16th, 2009

Comentábame unha compañeira do cole como, a raíz do pano palestino que levaba unha alumna, xurdiu o debate nunha aula de 3º ciclo de primaria acerca do que lle estaba a acontecer ó pobo palestino en Gaza, do “regaliño” que un Santa Claus occidental lles trouxo nestas festas.
A mestra procurou darlle a maior perspectiva histórica, partindo da formación do estado de Israel, seguindo coa ocupación de Gaza e Cisxordania, e contándolles de Yasser Arafat, persoeiro coñecido por levar sempre en público dita prenda. Falaron do que acontecía, dos bombardeos e de como sufría a poboación civil, xa que @s nen@s o miraran na tele e estaban impresionados .
A mestra díxolles que estiveran pendentes de diferentes medios de comunicación e canles de televisión, xa que a información podería variar considerablemente de uns a outros.
E así foi, tra-lo fin de semana chegou o alumnado escandalizado polo bombardeo a unha escola.

Un neno mirara nunha televisión que os israelitas bombardearan a escola, pero por haber un terrorista agochado debaixo.

Algún compañeiro apresurouse a rebater “¿aínda que así fora, pareceríate normal que bombardearan a escola con todos nos dentro so por que houbera un etarra agochado aquí?”.

O alumnado fundiuse nunha exclamación empática, se cabe, a ninguén se lle ocorrera ata entón trasladar ese conflito á nosa realidade.

Quedei cavilando despois no significado de terror e de terrorismo, e din ademais en consultar estes na wikipedia, cambiando a diferentes idiomas valéndome deses valiosos enlaces que a wikipedia ten na barra da esquerda.
“O terrorismo é unha sucesión de actos de violencia que se caracteriza por inducir terror na poboación civil de forma premeditada. (…) Cando este tipo de estratexias é utilizado por gobernos oficialmente constituídos, denomínase terrorismo de Estado.”
A pregunta a facer sería, quen é máis terrorista?, o que se inmola á desesperada, sacrificando o seu corpo a modo de protesta contra os que abusan do seu pobo e a súa xente… (que non cabe dubida que é terrorista, dende o momento en que atenta contra unha poboación civil)
Ou aquel que con todo-los medios ó seu alcance, con unha tecnoloxía tal que podería matar selectivamente vía satélite, bombardea indiscriminadamente poboación civil, sen lle importar escolas mesquitas ou hospitais, vulnerando toda-la lexislación internacional e para mais inri, experimentando con armamento prohibido, terriblemente agresivo, coma o fósforo branco, que non só queima coma o lume, senón que ademais queima os osos dende dentro. Aquel que dende a seguridade que presta a distancia, preme un botón de videoxogo, sen sentir nin padecer, e sen se expoñer ó mais mínimo risco. Non poño interrogación porque non ha lugar. A pregunta respostase por si soa.

Que non lles chamen mais guerras. Que non  nos tomen o pelo, tanto os medios coma os políticos.
Guerra de Palestina? Guerra de Iraq? Chámalle X: Abuso, atropelo, masacre, barbarie, desastre ecolóxico e humanitario, fracaso de civilización, deshumanización, rendibilidade armamentística, demostración de poder criminal, ASASINATO MÚLTIPLE E TORTURA INDISCRIMINADA, pero por favor, señores contacontos, deixen XA de chamarlle guerra!

Acudamos en masa ás manifestacións! Obriguemos ós nosos gobernos a intervir! Non morren soldados, morren nenos e nenas, mulleres e homes, vellos e vellas! Non só morren, experimentan as peores dores por armas químicas prohibidas!

El País; JUAN MIGUEL MUÑOZ | Jerusalén 14/01/2009 “Ninguna potencia mundial parece dispuesta a detener una masacre que está traumatizado y que dejará secuelas a miles de niños de Gaza. Y que, sin duda, generarán un odio y rencor difíciles de igualar.Israel ha empleado bombas prohibidas de fósforo blanco; provocado la expulsión de sus hogares de más de 90.000; abatido a mujeres cuando abandonaban casas portando bandera blanca; médicos y enfermeros fueron baleados cuando trataban heridos; han destruido sistemáticamente infraestructuras civiles; han impedido que ambulancias atendiera a niños hambrientos que esperaban auxilio sobre los cadáveres de sus madres; bombardeado escuelas. El poder de disuasión de Israel ha sido restablecido, opinan Barak y el Estado Mayor.”

As pedras de David mudaram de mãos, agora são os palestinos que as atiram. Golias está do outro lado, armado e equipado como nunca se viu soldado algum na história das guerras, salvo, claro está, o amigo norte-americano. Ah, sim, as horrendas matanças de civis causadas pelos terroristas suicidas… Horrendas, sim, sem dúvida, condenáveis, sim, sem dúvida, mas Israel ainda terá muito que aprender se não é capaz de compreender as razões que podem levar um ser humano a transformar-se numa bomba.
http://caderno.josesaramago.org/2009/01/08/das-pedras-de-david-aos-tanques-de-golias/

Falando de gatos…

Sábado, Xaneiro 10th, 2009

Eramos catro ou cinco cativ@s de dez a doce anos, alá a mediados dos anos oitenta, sentados  co artista nun balcón sobre Barra e as Cíes, e con vistas tamén ó outro lado da ría, a Samil, ó Bao, a Toralla, a Monteferro e á Garda e  Xosé Guillermo pintaba…

Un pedíalle un dragón alado, outra pedíalle un cabalo, e Xosé Guillermo os liquidaba en 4 esbozos, i eu agardaba desafiante… que se prepare … pensaba para os meus adentros…

@ interesad@ agardaba impaciente, mentres que @s demais contemplabamos a obra.

E tocoume a min, e comecei: “Eu quero… unha casa de pedra, cun banco de pedra diante, cun gato sentado na xanela, cun camiño diante, cara un bosque no que corre un cabalo e ó fondo, unha posta de sol…”

Máis abraiado non podía eu estar mentres ollaba cara o pintor facendo trazos rápidos e decididos, e mentres escoitaba as expresións de sorpresa dos espectadores… Podía ser certo? Estaría realmente despachándome a min tamén con catro pinceladas? Eu non daba creto, e Xosé Guillermo, cun sorriso de satisfacción, amosoume a obra ante as risotadas divertidas da expectación…

Non só me regalou o debuxo, senón que nel uns versos rezaban:

Xosé Guillermo

IVÁN, IVÁN,

MEU AMIGO…

NON SON

AS COUSAS

O MESMO

DENDE  CANGAS

OU DENDE VIGO

Foi unha das mellores leccións de empatía que podía ter un cativo coma min, dende entón esta experiencia me acompaña, e a este cadro e a estas verbas, non lles deixo de atopar novas lecturas…

…pero non cabe dúbida de que estas festas, este Nadal e este Fin de Ano, non son os mesmos dende a nosa terra ou dende Palestina, dende Galiza ou dende Gaza concretamente.

Non son as mesmas as perspectivas deste abuso que teñen os acomodados Israelitas, que aínda vivindo nun deserto, gozan de toda-las facilidades, vizos e excentricidades da vida moderna occidental, que as da pobre xente de Gaza confinada e masacrada coma se de animais se tratara na súa propia, aínda que non recoñecida, terra.

Non e posible un exercicio de reflexión empático, porque cunha perspectiva tan racista, na que unha vida vale mais que cen, poñerse no lugar do veciño pobre e masacrado, que despois de enterrar o seu bebé non terá que comer, nin mediciñas para curar as feridas da súa familia, debido a un bloqueo que desafía todo-los acordos humanitarios internacionais, e coma poñerse no lugar do gando que hai que sacrificar para poder comer.

Como non sei quen dicía este día na tele, seguro que con estas medidas, estes palestinos que quedan sen familia, van decidir amar ó veciño Israelí e desbotarán toda iniciativa de facer atentados suicidas, aínda non tendo xa nada que perder!