Posts Tagged ‘Natureza’

A invasión das maruxiñas (ou xoaniñas)

Mércores, Agosto 12th, 2009

5D and EX1 Lady Bug Swarm from Michael Ramsey on Vimeo.

Bolsas de plástico

Martes, Agosto 4th, 2009

HOME

Sábado, Xuño 20th, 2009

Yann Arthus-Bertrand, que nos ten acostumados ó seu saber facer, famoso polas súas fotos do mundo dende o ceo, a defensa do consumo responsable da auga, e os documentais da mesma liña, ven de sacar á luz un alucinante filme do que xa escribiremos algo  ó remate das oposicións. Mentres, aqui vos queda o enlace:

En Castelán En Inglés

Pinchade aquí abaixo se queredes saber máis:

Eucaliptus fóra da Galiza!

Xoves, Xaneiro 15th, 2009
Lume

O ecosistema galego está invadido. A flora autóctona resiste a duras penas, como aquel pobo galo de Asterix ante os invasores romanos.

O lume impera nos nosos bosques no verán, ante unha especie pirófila1 e alosterica2 que se beneficia do lume para medrar e expandirse sen piedade arrasando ó seu paso con flora e fauna e desertizando.

O eucalipto globulus, o mais común na Galiza é, das moitas especies de eucalipto que evolucionaron co lume, a máis incendiaria. Os bombeiros chámano “árbore de gasolina”. O lume non só non mata ó globulus, senón que este depende do lume para abrir os seus froitos i eliminar á competencia. O eucalipto globulus promove o lume co seu aceite combustible, a súa abundante follareda e as súas longas tiras de cortiza que colgan e que están deseñadas para levar o lume á  copa.

O eucalipto globulus non se queima sen mais, senón que explota, enviando teas e sementes a decenas de metros en todas las direccións.”

A plantación intensiva propicia a desertización e o cambio climático. A rendibilidade a curto prazo hipoteca o futuro da nosa terra e dos nosos fillos e fillas.

O bosque autóctono, aínda que se rendibilice a máis longo prazo, produce outras rendibilidades económicas, ó marxe das naturais, como pode ser a micolóxica (setas ricas, ricas e caras, caras), a produción de froitos secos como as castañas, noces, abelás (ricas, ricas e caras, caras) ou landras para alimentación de gando porcino e fauna autóctona.

Como nos dixo Castelao:

“A arbore é o símbolo do señorío espiritual
de Galicia. A arbore é un engado dos ollos,
pola súa fermosura; é unha delicia dos oídos,
porque nela cantan os paxaros; é un arrolador
do espírito porque nas súas polas conta contos
o vento. A arbore pídelle auga o ceo para que
a terra teña sangue, vida e bonitura”.

Pero etas mesmas verbas cuestionan a arbolidade dun asasino como o eucalipto.
O ecosistema galego está invadido tamén a nivel cultural social e lingüístico, pero o eucaliptus é hoxe o símbolo de colonización do noso pobo.

1pirófilo, la[pyrophilous]
adx. (Ecol.) Se aplica a plantas que por conter esencias ou resinas inflamables propagan o fogo pero que, nembargantes, resisten os seus efectos por aguantar ben os incendios as súas raíces ou sementes e rebrotar pouco despois.

2alosteria. Fenómeno que consiste en que emana unhas substancias químicas que fan que non medren árbores ou herbas doutra clase ó seu redor.

wrmcast.gif (3121 bytes)

Relativo ó globulus:
http://www.wrm.org.uy/boletin/54/USA.html