Posts Tagged ‘María Soliña’

Vivir, rir, soñar…

Domingo, Febreiro 6th, 2011

http://shangaindia.org
A valía dun sorriso…

“La falda de Carolina…” Manda carallo!

Luns, Outubro 4th, 2010

Galicia Hoxe 01.10.2010

A. R. LÓPEZ . SANTIAGO “¿Iso é terceiro mundo?”

Os rapaces da escola “María Soliña” de Orixa, na India, aprenden “A saia de Carolina” en galego…

…mentres en Marín se aposta pola súa tradución ao castelán

A saia de Carolina é un dos temas que os nenos de Pubai, unha aldea do estado indio de Orixa,cantan nas súas clases de música. Claro está, non se trata dunha escola india habitual senón da escola María Soliña, unha institución creada pola galega Neneta Herrero que leva xa seis anos funcionando a través da ONG Shanga co apoio dun grupo de 280 persoas, a maior parte de Galicia. Cada mes, aboan unha cota que vai dos seis aos trinta euros, suficiente para pagar os gastos deos mestres e a manutención dos alumnos internos

A saia da Carolina, porén, non é a única canción en galego que saben estes rapaces, a súa maioría pertencentes a familias paupérrimas que só puideron ser escolarizados pola existencia de María Soliña. O seu repertorio da clase de música inclúe o Chorar chorei ou O neno que veu de Angola, ademais de temas en inglés, castelán, francés ou oria, este último idioma materno en Orixa.

“Non sei moi ben a razón”, asegura Nenet Herrero nunha conversa telefónica, “pero os rapaces danlles mellor entoación ás cancións en galego que ás que están en castelán: gústanlle máis e tamén é certo que teñen máis facilidade para aprender o galego que o castelán”.

No estado de Orixa, próximo a Bengala, os rapaces das escolas estudan na lingua materna até os once anos, en que comezan a ter o ensino na lingua cooficial, o hindi, que a lingua oficial da India xunto ao inglés. Os rapaces tamén aprenden inglés en paralelo co oria. Neneta Herrero, que vive no Hío -Concello de Cangas- queda sorprendida cando sabe quea uns poucos quilómetros de alí, no mesmo Morrazo, os profesores de Música dun colexio de Marín elixiron un libro dirixido aos centros de fala castelá no que aparece La falda de Carolina. “¡Paréceme incrible!”, exclama e bota a rir, “despois chámanlle terceiro mundo á India, pero eles saben conservar e protexer a súa cultura… E aquí, que presumimos de primeiro mundo, non facemos máis que darlle as costas ao noso… Paréceme o colmo da desfachatez”.

DATOS

Un anaco de Galicia

A escola “María Soliña” é como un anaco de Galicia engastado na terra vermella de Orixa, un dos estados máis atrasados da India. Un anaco de Galicia xurdido pola forza de Neneta Herrero e de Umex -o director da escola-, onde o principal protagonista é oria, o idioma propio de Orixa pero tamén o hindi, a lingua oficial da India, que non entra no ensino até os once anos.

http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/iso-terceiro-mundo/idEdicion-2010-10-01/idNoticia-595467/

Neneta no Faro

Domingo, Febreiro 7th, 2010

A miña nai: Neneta no suplemento do Faro de hoxe

Neneta na Telegaita

Xoves, Outubro 8th, 2009

Esta mañá saíu na galega unha entrevista a Neneta Herrero, acompañada do escritor e xornalista Antón Lopo.

A primeira, en calidade de rexedora da ONG Shanga, da que xa falamos en outras ocasións (Mª Soliña: Unha experiencia solidaria), e o segundo en calidade de persoa que visitou o proxecto e colabora con el.

Organización ShangaIndia

Engado un enlace á gravación,  con afán divulgativo, non só porque se trate da miña nai,e polo orgullo de fillo que un sente, senón que tamén polo interese que suscita o proxecto e para contribuír ó exemplo de que o que quere pode.

O seu proxecto é tamén o de toda persoa que se queira involucrar nel, sempre que sexa sen animo de lucro (xa que os cartos recadados van integramente adicados a gastos da escola, e en ningún caso sufragan viaxes, ou gastos persoais de ningún outro tipo)

Pero en fin, se queredes saber mais ollade o vídeo:

Shanga from Iván Carrera on Vimeo.

A paxina web é: http://shangaindia.org/