Posts Tagged ‘Linux’

Galimintines.64

Xoves, Novembro 29th, 2012

Linux en galego, para o ensino, para ti, e para todo… UPDATED!
Actualizado a 29 de Novembro de 2012

Hoxe colgo na rede para uso ceibe, a primeira variación dunha distro linux que fago pública, optimizada e actualizada para o galego e con toda-las ferramentas que considero precisas pra aproveitar un ordenador sen necesidade de mercar un sistema operativo.

Trae tódalas actualizacións ate o momento instaladas, xunto con tódalas actualizacións e paquetes de idioma galego (Única excepción o Firefox, que está a dar problemas en galego, aínda que trae outros navegadores instalados coma Midori e Chromiun.

Entre outras aplicacións educativas gratuítas, ten Instalado o servidor TCOS (unha aplicación que nos permite a reciclaxe ou novo uso de PCs vellos en rede, en forma de terminais lixeiros que non precisan nin tan sequera disco duro para traballar), así coma o EdiLIM, ferramenta de orixe galega para o deseño de actividades educativas.

Leva instalada poderosa e gratuíta set de Ofimatica LibreOffice totalmente en galego.

A mellor alternativa a photoshop álbum: digiKam (moito mais poderosa e lixeira).

Inclúe tódolos principais codecs de audio e video, así coma o potente progama reproductor audiovisual VLC (Tamén de código aberto).

Unha morea de xente desinteresada acada cousas coma as que eu aquí me limito a recompilar.

Conta ademais con aplicacións que a xente agradece ter coma GoogleEarth, skype, jdownloader…

Combinando o nome da nosa querida terra, Galiza, e da nosa querida lingua galega, co do sólido sistema base Linux Mint12, e co nome da miña filla Inés, aparecese para sistemas de 64bits,

alimintines:

Linux en galego, para o ensino, para ti, e para todo…
UPDATED!
Actualizado a 29 de Novembro de 2012

Dropbox:

http://db.tt/BmFMgzmr

Ligazón alternativa:

http://www.4shared.com/file/S_VLYoj_/Galimintines64.html

 

1. Pincha na imaxe para descargar o arquivo .iso

2. Queima un DVD e arrinca o teu PC dende alí para probar o sistema e as aplicacións sen modificar o teu sistema.

Usuario: probas (sen contrasinal)

3. Se che arrequece, instala e que aproveite!

 

 

 

Agardo sexa do voso agrado e utilidade!

 

 

De trabarse por mor da tarxeta de video,

no menú de instalación, situad@ na primeira opción, preme na tecla “tab”.

Borra as verbas “quiet splash” substituíndoas por “nomodeset”. Despois preme intro.

Galimintines64

Domingo, Maio 13th, 2012

Linux en galego, para o ensino, para ti, e para todo… UPDATED!
Actualizado a 29 de Novembro de 2012

Hoxe puido ser un día coma outro calquera,

coma pode ser o comezo dunha nova vida.

Un día marca sempre un antes e un despois, coma un intre calquera ou un segundo.

Hoxe semellan rexurdir novamente os pulos do 15M nas rúas, coma contaxiado pola onda positiva desta semana na que marchou o corvo Sarkozy do noso pescozo e finou o bipartidismo grego, isolando e convertendo á Merkel no centro dunha diana na que a vella Europa quere coller folgos pra pelexar por unha virada de tornas.

Hoxe feliciteille os 90 anos ao meu querido avó Manolo, que os afronta con felicidade e desexo de continuar entre nós outros 10 ou 20, grazas especialmente ás atencións e ó agarimo da súa filla, a miña querida tía Elena.

Hoxe colguei na rede para uso ceibe, a primeira variación dunha distro linux que fago pública, optimizada e actualizada para o galego e con toda-las ferramentas que considero precisas pra aproveitar un ordenador sen necesidade de mercar un sistema operativo.

Trae tódalas actualizacións ate o momento instaladas, xunto con tódalas actualizacións e paquetes de idioma galego (Única excepción o firefox, que está a dar problemas en galego, aínda que trae outros navegadores instalados coma Midori e Chromiun.

Entre outras aplicacións educativas gratuítas, ten Instalado o servidor TCOS (unha aplicación que nos permite a reciclaxe ou novo uso de PCs vellos en rede, en forma de terminais lixeiros que non precisan nin tan sequera disco duro para traballar), así coma o EdiLIM, ferramenta de orixe galega para o deseño de actividades educativas.

Leva instalada poderosa e gratuíta set de Ofimatica LibreOffice totalmente en galego.

A mellor alternativa a PhotoshopÁlbum: digiKam (moito mais poderosa e lixeira).

Inclúe tódolos principais codecs de audio e video, así coma o potente progama reproductor audiovisual VLC (Tamén de código aberto).

Unha morea de xente desinteresada acada cousas coma as que eu aquí me limito a recompilar.

Conta ademais con aplicacións que a xente agradece ter coma GoogleEarth, skype, jdownloader…

Hoxe celebro que o meu cuñado Andrés, (que me introducira no mundo do software libre) onte fixera mención pública no PechaKucha Night Ferrol VI da utilidade das miñas humildes reportacións ao seu traballo, dándome así o pulo para facelo chegar a quen o queira empregar ou modificar.

Combinando o nome da nosa querida terra, Galiza, e da nosa querida lingua galega, co do sólido sistema base Linux Mint12, e co nome da miña filla Inés, aparecese para sistemas de 64bits,

alimintines:

Linux en galego, para o ensino, para ti, e para todo… UPDATED!
Actualizado a 29 de Novembro de 2012

Dropbox:

https://www.dropbox.com/s/dfd09kbsh109ol0/Galimintines.64.iso

Ligazón alternativa: 

http://www.4shared.com/file/S_VLYoj_/Galimintines64.html

 

1. Pincha na imaxe para descargar o arquivo .iso

2. Queima un DVD e arrinca o teu PC dende alí para probar o  sistema e as aplicacións sen modificar o teu sistema.

Usuario: probas (sen contrasinal)

3. Se che arrequece, instala e que aproveite!

 

 

 

Agardo sexa do voso agrado e utilidade!

 

 

De trabarse por mor da tarxeta de video,

no menú de instalación, situad@ na primeira opción, preme  na tecla “tab”.

Borra as verbas “quiet splash” substituíndoas por “nomodeset”. Despois preme intro.

Por que Linux é mellor ?

Xoves, Maio 5th, 2011

CatalanBasqueEnglishSpanishBrazilian PortugueseFrenchItalianGermanGreekDutchFinnishNorwegianDanishHungarianLithuanianSerbianRomanianBulgarianEstonianJapaneseRussianArabicKoreanVietnameseThaiChineseIndonesianChinese TraditionalEsperantoKhmerUrduTurkishUkrainianHebrewSlovakKurdishPersianPolish
Galician Spanish Brazilian Portuguese

Por que é mellor Linux?

Traducción ao galego:  Manuel Meixide

Coido que a maioría da xente non vai cambiar a Linux porque é LIBRE

(Probablemente tampouco lles interesa a liberdade de expresión )

ou porque é GRATIS

(Seguramente pensan que non pagaron por Windows),

senón talvez porque vexan características novas e boas que Windows non ten.

Aquí temos algunhas razóns que fan de Linux o máximo!

Oh, e antes diso, se ti xa es un fan de Linux, talvez quererás ler este FAQ.

(Preme nunha imaxe para ter unha explicación)

viruses

Esquecete dos virus.

stability

Os poucos casos onde deberías quedarte con Windows (polo de agora, aínda que podes instalar os dous sistemas)

Ok, quero Linux no meu PC! Qué debería facer agora?


(Portada de Business Week, Marzo 2003)

Este sitio web foi creado por Manu Cornet. Se se che ocorren outras características que pór nesta paxina, se tes mellores capturas de pantalla, ou se atopaches algún erro, por favor escribe aquí.

Outro post similar interesante: NO INSTALES UBUNTU! “10 Razones”

Published by JMQ Designs on Tuesday, March 16, 2010