Posts Tagged ‘Labreg@s’

Absolutely delicious

Sábado, Xullo 3rd, 2010

Delicious taste, delicious settings, delicious images, delicious aesthetics,

delicious harmony, delicious initiative…

Meet Your Farmer – Chase Farm from Pull-Start Pictures on Vimeo.

Pero será tan dificil chegar a algo así?

Non existen todo-los ingredientes na nosa terra?

Que envexa!

Venres, Xullo 17th, 2009

galizia

.escudo-proposto-por-castelao-pra-galiza

.

Locations of visitors to this page

Consumo responsable

Martes, Xullo 7th, 2009

Navegando polo blogomillo haxei este diagrama de fluxo sobre a compra responsable:

http_ceibesorg_zeta

Asemade lin que FEIRACO é unha empresa do país, que vende só leite do país, e que pagan un prezo xusto aos produtores, mentres que Larsa, sendo francesa, e das principais absorbentes do dumping de leite francés.

A isto eu engadiría a variable do lugar de compra. Quedarse só nunha análise do produto, esquecendo quen leva o meirande beneficio sería abordar o problema dende unha perspectiva simplista.

A maioría das grandes superficies do noso país son de capital estranxeiro, e se levan o beneficio para outros lares.

Ademais as súas gamas de produtos de marcas brancas a prezos favorables, moitas veces de orixe estranxeira, derivan dunha presión brutal sobre os produtores, ós que, lonxe de pagarlles un prezo xusto, ameazan con lles deixar de mercar, repercutindo así na viabilidade dos seus negocios, na calidade, e nos dereitos laborais dos seus  empregados.

As grandes superficies son tamén as principais responsables do dumping, isto é de envorcar os excesos de produción doutros países, moitas veces produtos que ademais foron subvencionados en orixe, a prezos que imposibilitan a viabilidade da nosa produción, obtendo un beneficio brutal, xa que o prezo de venta en ningún caso garda correlación co pagado por eles.

Nunca tan certo foi iso de que o barato sae caro. Tanto aforramos cas ofertas que non nos decatamos de que estamos a aforrar nos dereitos sindicais dos nosos fillos e fillas, en horarios laborais, en emprego local (xa que as pequenas empresas locais galegas non paran de pechar), na dignidade dos nosos labregos, gandeiros e pescadores, e ata nos nosos servizos públicos, na saúde e na xubilación do futuro.

Non nos decatamos de que para poder competir ou resistir, as nosas empresas terán que recortar os nosos dereitos, e de que si non o fan pecharán, e serán empresas estranxeiras as que tomarán o relevo da nosa explotación.

Cando compramos un produto estranxeiro, por exemplo chino, está claro que non estamos a pagar ningún dereito laboral básico. Que pode ser elaborado por un menor que traballa 12 horas, en condicións infrahumanas, ó que se lle paga un salario non suxeito a mínimos.

Non estamos a pagar por unha produción non contaminante do medio ambiente, ó non existir as restricións existentes na comunidade europea sobre o verquido de residuos ou produción de gases.

Non estamos a contribuír a que se lle pague un prezo digno ós provedores de materias primas,  e polo tanto non estamos a contribuír á calidade da vida animal ou vexetal, nin a unha explotación racional dos recursos.

En definitiva, estamos a contribuír e a nos facer cómplices da explotación salvaxe das persoas e da natureza, a perda de emprego local, ó peche da empresa local, ó recorte de dereitos no terceiro mundo e aquí, a facer multimillonarios a intermediarios sen escrúpulos que son os que fan os meirandes beneficios, e polo tanto á proliferación de mafias.

Primeiro desapareceu a nosa artesanía. Agora desaparece o noso comercio, e pronto desaparecerán os nosos dereitos sociais.

O consumo responsable é unha necesidade básica para o noso mundo. Pénsao dúas veces antes de gastar un peso.

A quen llo estás a dar? A quen llo darías con maior gusto?

Non e mellor gastar máis e comprar menos, coa conciencia tranquila?

Prefires deixarlle os cartos a unha grande empresa que se leve os cartos para fora e contrate traballo temporal, ou darllo a unha empresa familiar para que unha familia poda levar unha vida digna, é deixe a súa riqueza aquí?

Aforras cando colles o coche e gastas en gasolina, e perdes o teu escaso e aprezadísimo tempo, para mercar cousas que non precisas nunha area comercial? Non estás a gastar combustible, rodas, tempo e neuronas e a contaminar?

Pensas que é casualidade que as grandes superficies teñan tanta facilidade de acceso, e uns enormes aparcamentos gratuítos, mentres que os centros das cidades sexan cada vez menos accesibles o tráfico, con menos espacio para estacionar, e con aparcamentos feitos con cartos públicos pero que cada vez son máis caros e están máis baleiros?

Pensas que é casualidade que haxa  tantos baixos comerciais baleiros, que se venden ou alugan e tanto comercio tradicional que pecha?

Pensas que a crise que atravesamos é so por mor da construción e da especulación financeira dos bancos?

Decátaste que cando mercas estás mercando futuro, e que podes mercar un futuro mellor para ti e os teus?

Non te deixes arrastrar. Antes de mercar dedícate a pensar. O que queren e que merques sen pensar, que consumas automática e compulsivamente, e seguirnos manipulando para facerse co mundo e co poder.

Deixa de consumir ofertas, o consumo responsable e máis efectivo que as ONG de caridade!

Resiste! Loita! Solidarízate cos mais febles! FAITE CONSUMIDOR RESPONSABLE!

Non hai so responsabilidade ecolóxica, tamén existe a responsabilidade social!

Se non o fas ti, Quen o vai facer?

Ah, e se podes paga en metálico, e deixa de contribuir ó parasitismo bancario!

Se queres ollar un interesante video, non deixes de pinchar no idioma que prefiras:

[kml_flashembed movie="http://ivancarrera.blogaliza.org/files/2009/07/sos_intl_player_211.swf" width="500" height="340" wmode="transparent" /]

http://www.consomesoudevoras.info/index.php/alimentacion/alternativas/334-consumo-responsabel-de-leite

  • La Vía Campesina

Plataforma Galega AntitransxénicosForo Social GalegoCoordinadora de Organizaciones de Agricultores y GanaderosCoordinadora Labrega Europea