Posts Tagged ‘Galiza’

Galimintines.64

Xoves, Novembro 29th, 2012

Linux en galego, para o ensino, para ti, e para todo… UPDATED!
Actualizado a 29 de Novembro de 2012

Hoxe colgo na rede para uso ceibe, a primeira variación dunha distro linux que fago pública, optimizada e actualizada para o galego e con toda-las ferramentas que considero precisas pra aproveitar un ordenador sen necesidade de mercar un sistema operativo.

Trae tódalas actualizacións ate o momento instaladas, xunto con tódalas actualizacións e paquetes de idioma galego (Única excepción o Firefox, que está a dar problemas en galego, aínda que trae outros navegadores instalados coma Midori e Chromiun.

Entre outras aplicacións educativas gratuítas, ten Instalado o servidor TCOS (unha aplicación que nos permite a reciclaxe ou novo uso de PCs vellos en rede, en forma de terminais lixeiros que non precisan nin tan sequera disco duro para traballar), así coma o EdiLIM, ferramenta de orixe galega para o deseño de actividades educativas.

Leva instalada poderosa e gratuíta set de Ofimatica LibreOffice totalmente en galego.

A mellor alternativa a photoshop álbum: digiKam (moito mais poderosa e lixeira).

Inclúe tódolos principais codecs de audio e video, así coma o potente progama reproductor audiovisual VLC (Tamén de código aberto).

Unha morea de xente desinteresada acada cousas coma as que eu aquí me limito a recompilar.

Conta ademais con aplicacións que a xente agradece ter coma GoogleEarth, skype, jdownloader…

Combinando o nome da nosa querida terra, Galiza, e da nosa querida lingua galega, co do sólido sistema base Linux Mint12, e co nome da miña filla Inés, aparecese para sistemas de 64bits,

alimintines:

Linux en galego, para o ensino, para ti, e para todo…
UPDATED!
Actualizado a 29 de Novembro de 2012

Dropbox:

http://db.tt/BmFMgzmr

Ligazón alternativa:

http://www.4shared.com/file/S_VLYoj_/Galimintines64.html

 

1. Pincha na imaxe para descargar o arquivo .iso

2. Queima un DVD e arrinca o teu PC dende alí para probar o sistema e as aplicacións sen modificar o teu sistema.

Usuario: probas (sen contrasinal)

3. Se che arrequece, instala e que aproveite!

 

 

 

Agardo sexa do voso agrado e utilidade!

 

 

De trabarse por mor da tarxeta de video,

no menú de instalación, situad@ na primeira opción, preme na tecla “tab”.

Borra as verbas “quiet splash” substituíndoas por “nomodeset”. Despois preme intro.

A defensa dos nosos montes

Xoves, Xuño 7th, 2012

 

A plantación intensiva de especies é o cancro da nosa terra i é unha das principais causas da desertización i empobrecemento da terra e dos pobos en beneficio de multinacionais arredor do mundo.

Se ademais se fai coma na Galiza cunha especie pirófila coma o eucalipto, o desastre ecolóxico multiplícase a consecuencia do lume.

Penso que manifestar a desconformidade é vital para o noso país, no que as masas adormecidas consenten tódolos atropelos do mundo e asemellan espertar cal monicreques só para manifestacións futbolísticas.

Esperta do teu sono fogar de Breogán!

Maniféstate física, virtual ou cibernéticamente, pero fai algo!

Mais de ÁRBORES

Videoligazóns:

Greenpeace quiere que se limiten las plantaciones de eucalipto

El escarabajo verde – El papel del eucalipto

¿Te acuerdas? – Los inicios de la reforestación

Arbol del dinero,arbol malo (La Noche Tematica)

Mais de plantación intensiva i eucalipto (Ver vídeo dende minuto 7)

La tierra vista desde el cielo – Agua dulce 2 (ver dende 36:05 a 38:00)

 

 

Isaac Díaz Pardo

Venres, Xaneiro 6th, 2012

 

Os Reis levaron a Isaac Díaz Pardo.

Probablemente o meirande galego vivo a día de onte, e unha das figuras mais relevantes do século pasado.

E tódolos galegos perdemos un avó.

Un avó artista e polifacético. Un avó pintor escritor, ceramista…

Un avó vello e sabio, grande defensor, dinamizador e difusor do noso patrimonio cultural.

Un avó amante da nosa terra, da nosa lingua, da nosa cultura, e por tanto, un amante de todos nos.

Descansa en paz que ben o mereces, Galiza enteira te saúda!

 

Lingua minoritaria

Xoves, Maio 5th, 2011

Un post mais que interesante  (clica na foto de abaixo)


http://xoanabeleira.blogaliza.org/2011/04/25/dez-anecdotas-reais-sobre-o-galego/