Posts Tagged ‘Ensino’

Galimintines.64

Xoves, Novembro 29th, 2012

Linux en galego, para o ensino, para ti, e para todo… UPDATED!
Actualizado a 29 de Novembro de 2012

Hoxe colgo na rede para uso ceibe, a primeira variación dunha distro linux que fago pública, optimizada e actualizada para o galego e con toda-las ferramentas que considero precisas pra aproveitar un ordenador sen necesidade de mercar un sistema operativo.

Trae tódalas actualizacións ate o momento instaladas, xunto con tódalas actualizacións e paquetes de idioma galego (Única excepción o Firefox, que está a dar problemas en galego, aínda que trae outros navegadores instalados coma Midori e Chromiun.

Entre outras aplicacións educativas gratuítas, ten Instalado o servidor TCOS (unha aplicación que nos permite a reciclaxe ou novo uso de PCs vellos en rede, en forma de terminais lixeiros que non precisan nin tan sequera disco duro para traballar), así coma o EdiLIM, ferramenta de orixe galega para o deseño de actividades educativas.

Leva instalada poderosa e gratuíta set de Ofimatica LibreOffice totalmente en galego.

A mellor alternativa a photoshop álbum: digiKam (moito mais poderosa e lixeira).

Inclúe tódolos principais codecs de audio e video, así coma o potente progama reproductor audiovisual VLC (Tamén de código aberto).

Unha morea de xente desinteresada acada cousas coma as que eu aquí me limito a recompilar.

Conta ademais con aplicacións que a xente agradece ter coma GoogleEarth, skype, jdownloader…

Combinando o nome da nosa querida terra, Galiza, e da nosa querida lingua galega, co do sólido sistema base Linux Mint12, e co nome da miña filla Inés, aparecese para sistemas de 64bits,

alimintines:

Linux en galego, para o ensino, para ti, e para todo…
UPDATED!
Actualizado a 29 de Novembro de 2012

Dropbox:

http://db.tt/BmFMgzmr

Ligazón alternativa:

http://www.4shared.com/file/S_VLYoj_/Galimintines64.html

 

1. Pincha na imaxe para descargar o arquivo .iso

2. Queima un DVD e arrinca o teu PC dende alí para probar o sistema e as aplicacións sen modificar o teu sistema.

Usuario: probas (sen contrasinal)

3. Se che arrequece, instala e que aproveite!

 

 

 

Agardo sexa do voso agrado e utilidade!

 

 

De trabarse por mor da tarxeta de video,

no menú de instalación, situad@ na primeira opción, preme na tecla “tab”.

Borra as verbas “quiet splash” substituíndoas por “nomodeset”. Despois preme intro.

Inés fai catro. Seremos Vítimas do consumismo?

Sábado, Xaneiro 28th, 2012

No TRAFEGANDO RONSEIS, blogue do que son asiduo atopei un vídeo moi interesante, que aquí recolle, xunto cun segundo vídeo

Curtametraxe de animación tridimensional realizada por Pablo Llorens para SETEM da Comunitat Valenciana. O dilema entre “Homo consumus” e “Homo responsabilus” analizado polo Prof. Setemius dende o seu programa “Grandes Documentales Marcianos”. ¡Non sexas Homo consumus! ¡Evoluciona!

Ambos vídeo tratan sobre o consumo, que nun día coma o de hoxe en que a nosa Inés fai catro aniños nos presenta mais de unha contradición en conflito ca nosa coherencia persoal.

Para quen ande nas mesmas e lle caiban dúbidas acerca da manipulación da que somos obxecto pais e fillos, aí vai unha boa reflexión sobre o tema:

Parabéns Inés, a ver se cho sabemos explicar, a ver se che sabemos educar…

Sir Ken Robinson

Martes, Xaneiro 10th, 2012

Recentemente vin en redes a Sir KenRobinson.
Redes Nº87 – El sistema educativo es anacrónico
Redes Nº 89 – Los secretos de la creatividad

Para quen non o coñeza, teño que dicir que é unha desas persoas que mais admiro no mundo, que a súa perspectiva é fundamental para a revolución da educación, o ensino, a creatividade e do noso mundo en xeral.

Ás súas observación son clave para manter viva a chama da utopía que fai posible toda revolución.
Quédome ca derradeira imaxe do vídeo que segue:

“Os nenos botan continuamente, como mostra de amor, os seus soños aos nosos pes, e hai que camiñar con estrema delicadeza para non llelos pisar”

O programa arriba enlazado foi do melloriño, pero para os que como a min lles gusta escoitar en versión orixinal, déixovos estes vídeos aos que se pode activar subtítulos en galego. O primeiro que poño é o mais recente. O segundo o mais aclamado, e o terceiro un dos mais populares, e para min indispensables.

Mais videos na súa paxina: http://sirkenrobinson.com/skr/watch

Mais sobre el: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ken_Robinson

FOLGA DO ENSINO

Mércores, Setembro 28th, 2011

Agresión aos mestres. Non se pode chamar de outro modo ao xeito no que a administración político-económica e mediática está a tratar ao noso colectivo.

O paso de “converter aos mestres en autoridade pública” a caracterizarnos coma vagos, e a compararnos cos controladores aéreos en privilexios é mais que abraiante. É indignante.

Pero ollo! Isto non é meramente un ataque contra os dereitos laborais dun colectivo de traballadores.

Isto é un ataque á sociedade en conxunto. Contra o ensino público. Contra o fillos dos mais desfavorecidos.

Estáse a atacar a integración dos desfavorecidos na escola. Estáse a aforrar na integración dos desfavorecidos sociais, e na integración dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

Pero ollo! Isto repercute directamente na atención de todo o alumnado, que terá que contemplar como os seus estresad@s mestres, ademais do desempeño das súas habituais funcións, non terán un especialista en pedagoxía terapéutica, ou en audición e linguaxe, ou un mestre de integración para apoiar a nenos que normalmente teñen atención individualizada, na contra terán ao mestre de turno, ao que lle aumentan as horas para aforrar en “recursos humanos”.

E que hai da aposta polo Inglés ou as TICS?  Suprimen dereitos de formación permanente, o que vai en detrimento da nosa posta ao día como profesionais, pero ademais, cun profesorado co seu horario copado, quen vai dispor de horas para elaborar actividades especiais neses eidos?

E o tempo para preparar funcións escolares, magostos, Samaín, festivais de Nadal, revista escolar… de onde vai saír sen horas para reunirse e dinamizar?

Iso si, despois poñen cara de póker e dinnos que o seu obxectivo é a calidade do ensino… Mentireiros!

A folga non e polas horas. Iso é a desculpa barata dos políticos para meterse con nos. Se eu teño que dar dúas horas mais de inglés a semana, terei que preparalas, corrixilas e avalialas, o que converterá dúas horas lectivas en bastante mais tempo…

As horas son as dos interinos despedidos nun ERE encuberto, nas que o profesorado tense que adicar a apoios fora da súa especialidade. Por exemplo un especialista de inglés apoiando a un neno autista, en vez de ser un profesional especializado…

Cámbiase o apoio diario dun mesmo especialista cunha liña de traballo e unha continuidade, por un mestre diferente cada día…

Algúns especialistas, de inglés, de música, etc… pode que teñan mais horas da súa especialidade, pero será porque lles quitaron especialistas e teñen que facer malabares. Por exemplo, na escola da miña filla, a especialista de música ten as horas cubertas e non baixa a infantil, e a de apoio de infantil, que ten outras funcións moi importantes ten que impartir música.

En canto ao salario, que empecen eles por asumir mais responsabilidades e recortarse o soldo (refírome aos políticos) que lideran o absentismo laboral de este estado corrupto e vendido á banca.