Posts Tagged ‘Despertares’

ESPAÑA, o estado chourizo!

Mércores, Novembro 7th, 2012

Hoxe lemos en Público: Fianza de 10,5 millóns de euros a cinco exdirectivos de Novacaixagalicia

Aquí o que había que facer é meter na cadea a todo cidadán que despois dun servizo público se converta en millonario!

Como poden uns fulanos que entran un dia a traballar nunha empresa que era PÚBLICA, retirarse cunha grande fortuna?

Nun mundo de chourizos, os cidadáns somos o picadillo machacado e adobado que os engorda.

Róubannos dende os poderes públicos e dende a banca, e aínda por riba levamos as culpas e pagamos NÓS o pato.

Privatizan a nosa AUGA a nosa ENERXÍA os nosos APARCAMENTOS as nosas ESTRADAS os nosos TRANSPORTES as nosas COMUNICACIÓNS… acabamos pagando ata tres ou catro veces as mesmas cousas, servizos e infraestruturas, para beneficio de chourizos, amigos ou parentes de chourizos.

Privatizan a NOSA SAÚDE o noso ENSINO e os nosos SERVIZOS para espolio do erario publico e ruína das garantías sociais, e beneficio dos CHOURIZOS que toquen.

Contemplamos como familiares de políticos, do rei ou de Franco acaparan grande representación en empresas privatizadas de sectores tan estratéxicos como a telefonía ou a enerxía.

As empresas pequenas afunden con tódolos traballadores por culpa dos bancos afogados entre a falta de liquidez, de pago de débedas e o acoso da seguridade social e a facenda para beneficio das grandes empresas que son impunes a inspeccións fiscais, laborais, de consumo, etc… e ademais reciben axudas para construír accesos e aparcamentos gratuítos.

Traballadores enviados ao paro por políticos e banqueiros corruptos ao servizo do grande capital, perden as súas casa outra vez para beneficio de CHOURIZOS que ademais seguen a cobrar os prestamos de bens xa expropiados…

Casas amortizadas tres e catro veces pola banca que financiaba nunha mesma propiedade ao construtor, ao promotor, ao especulador e ao comprador, ao que lle quita a casa, a banca a segue cobrando volvéndoa poñer á venda.

Unha crise inventada e baseada non na falta de beneficios, senón que na diminución destes por parte dun puñado de empresas da BANCA ou a  AUTOMOCIÓN con ingresos multimillonarios sacados da costela do cidadán traballador, que poden facer ERES despedindo alegremente ao persoal mentres pequenas e medianas empresas afunden, non por diminución de beneficios, senón que por falta de ingresos que permitan facer fronte a seguridade social ou a impostos no prazo debido.

Pódese entender que sexa a propia seguridade social ou facenda a que afunda unha empresa e mande os traballadores á rúa?
Pódese permitir que xestores nefastos vivan a todo trapo e se permitan ollar por riba do ombreiro ao cidadán traballador ao que están a sangrar?

 

Pódese permitir que rescatemos bancos e afundamos empresas e familias?

MERDA DE PAÍS!

 

Idígnense

Venres, Xullo 20th, 2012

#Indignados, o documental sobre o Movemento #15M (Completo)

por Tony Gatlif, director de pelis como “Latcho Drom

A defensa dos nosos montes

Xoves, Xuño 7th, 2012

 

A plantación intensiva de especies é o cancro da nosa terra i é unha das principais causas da desertización i empobrecemento da terra e dos pobos en beneficio de multinacionais arredor do mundo.

Se ademais se fai coma na Galiza cunha especie pirófila coma o eucalipto, o desastre ecolóxico multiplícase a consecuencia do lume.

Penso que manifestar a desconformidade é vital para o noso país, no que as masas adormecidas consenten tódolos atropelos do mundo e asemellan espertar cal monicreques só para manifestacións futbolísticas.

Esperta do teu sono fogar de Breogán!

Maniféstate física, virtual ou cibernéticamente, pero fai algo!

Mais de ÁRBORES

Videoligazóns:

Greenpeace quiere que se limiten las plantaciones de eucalipto

El escarabajo verde – El papel del eucalipto

¿Te acuerdas? – Los inicios de la reforestación

Arbol del dinero,arbol malo (La Noche Tematica)

Mais de plantación intensiva i eucalipto (Ver vídeo dende minuto 7)

La tierra vista desde el cielo – Agua dulce 2 (ver dende 36:05 a 38:00)

 

 

Votar, non votar, a quen votar ou como votar para facer dano ao PPSOE…

Luns, Novembro 14th, 2011

O VOTO BRANCO E NULO favorecen PPSOE e prexudican minoritarios!

O voto BRANCO vai directo para o mais votado, abstense aceptando o que decida a maioría.
A abstención e o VOTO NULO non contan, así que favorecen aos mais votados debido á lei de partidos, facendo que o seu voto valla DÚAS OU TRES VECES mais que o dos minoritarios, converténdonos en cidadáns de terceira, quitándonos voz e voto!
Se queres voto protesta e molestar ao PPSOE de verdade, VOTA, anque sexa por alguén sen posibilidade algunha!
Lei electoral= A maior porcentaxe, menos votos por escano.
A menor porcentaxe, farán falla moitos mais votos para conquerir un escano.
Para facerlles dano baixemos a súa porcentaxe!

Chámaslle democracia a isto que temos? A votar cada catro anos entre o Demo e o Diaño? A que as minorías non estean representadas? A que as listas estean cheas de corruptos? A que a política se venda á banca? A que podan prometer unha cousa e facer a contraria? A que non escoiten o clamor do pobo en temas tan serios como a guerra, o Prestige ou a lei SINDE? A que os políticos podan compatibilizar pensións multimillonarias con salarios non menos onerosos que son pago de favores políticos? A que marques no cadriño da Facenda que non den os teus cartos á “Santa Madre” e llos sigan a dar? A que se vote como se vai ao fútbol?

Para facerlles dano baixemos a súa porcentaxe!
Polo menos grazas a artigos coma este algunha xente decide ir votar… http://www.lavanguardia.com/magazine/20111027/54237283154/carta-a-jennifer.html

http://www.pateandopiedras.com/2011/04/la-diferencia-entre-abstenerse-votar-en-blanco-y-el-no-les-votes/

AritmEtica20N: Matemáticas para romperlle o xogo aos partidos maioritarios

En España rumbo a las elecciones del 20 de noviembre nos encontramos con esta peculiar página web donde hacen un cálculo de cuál es la opción más asequible para votar y apoyar la campaña de No Les Votes y Vota A Otros. En el sitio encontramos una tabla de cálculos con la cual aseguran al votar por los partidos recomendados se rompería la hegemonía del PP y del PSOE en las principales circunscripciones electorales:

En cada circunscripción electoral votaremos al partido más fuerte que no sea PP, PSOE o CiU (recordemos que aprobaron la ley Sinde: nolesvotes).
No se trata de votar al partido que nos desagrada menos o que nos gusta un poco, sino de utilizarlos para que se peleen entre ellos. Divide y vencerás.
En esta tabla hemos colgado unos cálculos basados en los resultados de las últimas elecciones (2008 y 2011) y en las recientes encuestas del CIS. Con una buena aproximación, muestran qué partido hay que votar para romper el liderazgo de PP, PSOE y CiU en cada circunscripción, el partido que puede romper el monopolio.
Se necesitan muchos votos para romper su juego. Concentrémoslos.
Aunque la reglas no sean las nuestras y no queramos jugar, si no jugamos nos la juegan.
No dispersemos los votos en partidos mejores, pero demasiado pequeños para ser un peligro real para ellos; no permitamos con nuestra abstención que el bipartidismo triunfe de nuevo.
Podemos hacer imposible que nos gobiernen reventando su legitimidad desde dentro.
No es aprecio, no delegamos en ninguno de ellos, ni les creemos.
Es pura aritmética, #AritmEtica20N
Link: #Aritmetica20N
VOTO BLANCO Y NULO favorecen al PPSOE y perjudican a los minoritarios! El BLANCO va directo para el mas votado, ACEPTA LO QUE SALGA. Abstención y NULO no cuentan, así que favorecen a los mas votados debido a la inconstitucional ley de partidos, que hace que su voto valga por dos o tres de los de los minoritarios, convirtiendonos en ciudadanos de tercera, quitandonos voz y voto! Si quieres molestar al PPSOE de verdad vota, aunque sea por alguien sin posibilidad alguna!
Ley electoral= A mayor porcentaje, menos votos por escaño. A menor porcentaje, harán falta muchos más votos para conseguir un escaño. Para hacerles daño bajemos su porcentaje!

¿Le llamas democracia a ÉSTO que tenemos? ¿Le llamas democracia a votar cada catro años entre Demonio y Diablo? ¿Le llamas democracia a que las minorías no estén representadas? ¿Le llamas democracia a que las listas estén llenas de corruptos? ¿Le llamas democracia a que la política se venda la banca? ¿Le llamas democracia a que puedan prometer unha cousa y hacer la contraria? ¿A que no escuchen el clamor del pueblo en temas tan serios como la guerra, o el Prestige o la ley SINDE? ¿A que los políticos puedan compatibilizar pensiones multimillonarias con salarios no menos onerosos, que son pago de favores políticos? ¿A que marques en la casilla de Hacienda que no den tu dinero a la Santa Madre” y se lo sigan dando igual?¿Le llamas democracia a que se vote como se va al fútbol?

Por lo menos, gracias a articulos como este, alguna gente se decide a ir a votar… http://www.lavanguardia.com/magazine/20111027/54237283154/carta-a-jennifer.html