Posts Tagged ‘Cabalos’

Garañón

Domingo, Maio 10th, 2009

3658_cmc_image_1cache

Cabalos de vento. Curros de pedra


Cabalos de vento Curros de pedra

Martes, Abril 28th, 2009

cabalos-01

Cabalos de vento Curros de pedra

Está á venda o libro “Cabalos de vento Curros de pedra

Fotografía de Javier Teniente e ilustacións de Xosé Guillermo.

Tratase do derradeiro proxecto artístico do noso querido e recentemente falecido Xosé Guillermo, que ve a luz a titulo postumo.

Notas para unha autobiografía:

Son Xosé Guillermo, autodidacta feroz, pintor, escultor, director de maxias. No ano 47 nacéronme en Carballo e adoptei Vigo no 50. Castelos de área. Pintura ó ar libre. Esperpento Teatro Joven. Colectivas xuvenís. Beca da Deputación de Pontevedra. Primeira individual en Caixa Nova no 67.

Kilómetro 0. Algúns museos. Café Gijón. Abandono de examen BB.AA. Espidos no Círculo de Belas Artes. Retratos nas Cuevas de Sésamo. O movemento no Zoológico. Expoño monotipos e óleos na Galería Toisón de Madrid e participo na Primeira Mostra da Praza da Princesa en Vigo, no 68.

Convidado a participar na exposición Jeunes Paintres de Europa, en Bar-sur-Aube, tamén mostro a miña obra en Dijon.

Como teño que ir ó servizo en Valencia monto o estudo no calabozo da Comandancia de Mariña. Destérranme literalmente a unha patrulleira anana onde tamén monto o estudo. En Cartaxena mellora a cousa, monto estudo na Xefatura de Máquinas e monto estudo nunha chabola no barrio xitano. Expoño na Galería Zurbarán.

Ano 70. Expoño en Caixanova Vigo e na sala de I. e T. de Pontevedra.

Caso con Carmela. Tivemos (agora téñense sós) a Sagar, o fillo, e Isa, a filla.

Ilustro Lúa Nova 1 e 2 para a editorial Anaya, coa colaboración do Fato Xoubas. (ano 76-77). Creo o logotipo de Edicións Xerais de Galicia, e son o autor das cubertas, ilustracións e deseños da meirande parte dos libros deica o ano 82.

Invítame a compartir estudo Jandro, o grande escultor, que daquela era un ceramista imberbe e, como agora, un botado para diante.

Nunha noite de lúa quedo encantado nas dunas de Corrubedo pola fada de Viana, que me abriu a porta dos mundos. Corre o 83.

Expoño “40 Retratos ao pastel” (1 x 2 m. cada un) na Casa da Cultura no 85.

Pinto o mural “Avanti Manila” (120 m2) nun mercante en despezamento. O mesmo ano 86, invado os ceos de Vigo cos habitantes de “Un país tomado por la mente”

Mostra Nómada de Sáhara 1991 que saíu de Vigo polos camiños de España

No 93, invéntase a Fundición Nautilus

Creo, dirixo e realizo sempre con ela e diferentes colectivos sociais, Obradoiros de Reciclaxe Artística dos que emerxen 15 Instalacións Máximal, das que son Permanentes: “Hipocampus 97”, na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo e “MareArte” no C.E.I.P. Ría de Vigo 2006

Insculpo petroglifos na casa de Baredo, deseño os murais cerámicos do Auditorio de Gondomar 2002 e expoño en Baiona 2006

Teño unha gran sorte. Puiden pintar nas cidades ensoñadas O Cairo, Damasco, Istambul, Bombai, Benarés, Calcuta, Fes, Orán, Tinduf, Dacar, País Dogón, México, A Habana, Bahía, Manaos…………

Pintei nos ríos enormes, nas inmensidades dos desertos, nas selvas tropicais exuberantes, nas praias cheas de esqueletos de naufraxios. Tamén pintei nos países inexistentes.

Séguenme a fascinar as criaturas que saen das miñas mans e que non sei de onde veñen.

Entre liñas van quedando escenografías e vestiarios para teatro, portadas e letras para músicos amigos, defensas de causas peregrinas, xoubas de aceiro inolvidábel por Castrelos, pinturas en directo, carteis, murais reivindicativos, comparsas de entroido……..

Un cento de mostras individuais e colectivas.

Obras en coleccións particulares de Europa, América, África e Asia.

Museos: Arsonval (Francia), Recife (Brasil), Municipal (Ourense), Diocesano (Tui), Castrelos (Vigo).

http://www.youtube.com/watch?v=7Kh35gtFaSg
http://www.youtube.com/watch?v=Z25n7J9VlPc
http://www.youtube.com/watch?v=Z3yyk5rAwvk

http://www.youtube.com/watch?v=Qq6DO4ohGGk

https://www.blogger.com/comment.g?blogID=644929422749928562&postID=5088485959615729388&pli=1