Posts Tagged ‘Bush’

Data sinalada

Mércores, Xaneiro 21st, 2009

Acabouse Bush! Ogallá houbera morto antes de hoxe, que ben o merecía, pero mais tarde que nada, foise, e nono podo acabar de crer.

Aseméllaseme ó sentimento que me invadira cando se foi finalmente Aznar, e o seu séquito gris, deste estado español: alivio.

Alivio tardío, case resesos pola espera, pero aínda así, invadíame entón e invádeme agora un inmenso alivio…

Un grande peso de enriba esvaecese, vaise, non desaparece sen mais, xa que arrastra tras de sí, xunto coa súa prepotente chulería de matón de escola, unha carga demasiado voluminosa de morte, sangue, tortura e destrución. De abuso, crimes de guerra e lesa humanidade, e atentados contra os dereitos humanos, que aparentemente ficarán impunes. Comeza a saír do noso presente, das nosas angustias, da nosa preocupación por este mundo e por a xente que sofre nel.

Deixamos de estar á mercede dese “tipejo”, (que non existe palabra galega que mellor defina semellante personaxe) e das súas mais que perigosas arroutadas asasinas.

Non somos nesta altura tan ilusos como para crer con ilusión no milagre Obama, e menos despois de asistir a unha campaña na que o conflito palestino brillou pola súa ausencia. Pero admítese inevitable sentir esperanza dalgún mais que pequeno cambio.

A forma en que Zapatero asumira por primeira vez a presidencia, a súa declaración de intencións, o seu achegamento á esquerda e as minorías, permitiu que a luz invadira por uns intres as escuras estancias da política española. Mesmo cegou os ollos dos que tiñan as pupilas dilatadas de intentar atopar sombras na penumbra daquel terrible último mandato do “tipejo” Aznar (caricatura de “Bush”).

Algo semellante acontece agora con Obama, esperemos que como aparenta, realmente deixe entrar algo de aire fresco e luz na política ianqui que tanto nos afecta. Aínda que non fose así, o peor xa pasou, de momento, e ogallá non voltemos a ter persoeiros de tan baixo calado neste mundo como eses que eu dende aquí maldigo: BUSH e Aznar, e que nunca deixarán de nos recordar a outros deleznables coma HITLER, Franco ou Musolini.

Foise Bush!!! Que o demo o leve, e lle infrinxa eternamente o mesmo sufrimento que el e a súa familia levan infrinxido neste mundo a tanta xente!!!

Pena que non exista Deus para salvar a tanta xente inocente que padece neste mundo as maiores desgrazas. LÁSTIMA que non existan demos e infernos que castiguen por toda a eternidade a xente coma el, no grao que lles sería merecido.

Como dicía Hugo Chavez, Bush cheira a “asufre” (sofre), xa que se hai un demo neste mundo, ninguén o representa coma el.

Afortunadamente ese cheiro vaise indo, pero a dor e o sufrimento, a xenreira xerada por el, ficará na memoria e na historia..

E aínda que a vinganza non é santa da miña devoción, espero que lle agarde en calquera esquina.