María Soliña, unha escola en Pubai. Hoxe a miña nai sae no País

O artigo SILVIA R. PONTEVEDRA – Santiago – 09/12/2008 non me convence moito, especialmente o de que os nenos “cada vez parecen máis brancos”, pero en fin, así o sacou a periodista do País, por favor difundide a páxina web, que está bastante ben:
http://shangaindia.org

Shanga Galiza-India non é máis que un pequeno proxecto levado a cabo por un pequeno grupo de amigos que apoian a iniciativa que a miña nai emprendeu xa hai uns poucos anos, ela pasou de atoparse na India por turismo a involucrarse persoalmente na vida dos habitantes locais, e facer seu un problema deles que se cadra é tamén un problema de todos.
Habitantes locais que continuamente son observados polo turista dende a óptica do “outsider”, fuxindo de admitir que o que se ve existe, ou no millor dos casos que poidamos ter algo de responsabilidade ou que algo do que nós fagamos poda ter un impacto positivo nas súas vidas.
Turista que observa, fuxindo de recoñecer que tanto do que lles acontece pode ser consecuencia do noso estilo de vida en occidente como do noso arrogante e imperialista xeito de dirixirnos a eles.
En fin, a cousa é que as veces quen menos se espera, neste caso a miña nai lánzase por un tobogán do que non se atopa o fin, nunha aventura de colaboración que nun inicio pode parecer un arrebato, pero que co paso do tempo se consolida nese grao de area que brila cunha intensidade especialmente forte no medio dun inmenso areal.
Moit@s nen@s xa reciben ou recibiron a súa educación nesta escola. Demasiad@s se ven forzad@s a durmir e comer (de forma gratuíta) na escola por non poder cubrir a diario a distancia entre ás súas casas e a mesma, e por todo isto e moitas cousas máis que podedes ler na páxina web http://shangaindia.org/ ou ollar no documental, ou contemplar directamente se tedes a sorte de poder viaxar por eses lares, quítome o sombreiro ante a miña nai.

Outro artigo recente na Voz Rubén Santamarta 2/11/2008

Mención nun blogue dun amigo dela Desde un faro

Outras entradas neste blogue: María Soliña na India

One Response to “María Soliña, unha escola en Pubai. Hoxe a miña nai sae no País”

  1. […] primeira, en calidade de rexedora da ONG Shanga, da que xa falamos en outras ocasións (Mª Soliña: Unha experiencia solidaria), e o segundo en calidade de persoa que visitou o proxecto e colabora con […]