Arquivo de 'Sen clasificar'
Parabéns Eloi Taboada!
2010-01-03O noso benquerido amigo ELOI, que co seu especial e único ollar sobre o mundo, nos transmite as súas perspectivas a traveso do seu prisma, que son en definitiva as súas fantásticas fotografías e o noso mundo visto dende os seus ollos, ven de recibir unha mención de honra no prestixioso certame fotográfico internacional de París PX3 WATER 2009.
Dende este espazo non queremos desaproveita-la ocasión para felicitalo, espalla-lo seu traballo e o seu éxito polo cibermundo e animalo a continuar deleitandonos cas súas imaxes.
Unha aperta Eloi, e os nosos parabéns!

ELOY TABOADA OF SPAIN WAS AWARDED IN THE 2009 PX3 WATER COMPETITION. PARIS, FRANCE
PRIX DE LA PHOTOGRAPHIE PARIS (PX3) ANNOUNCES WINNERS OF THE 2009 COMPETITION.
ELOY TABOADA of Spain was Awarded: in category for the entry titled, ” SIRENA .” The jury selected 2009’s WATER winners from thousands of photography entries from over 85 countries.
Px3 is juried by top international decision-makers in the photography industry: Curator of Photography of Library of Congress, Director of Purpose, Paris; Director of American Illustration + American Photography, New York; Lifestyle Photo Editor of Grazia Magazine, London; Director of Galerie Françoise Paviot, Paris; Art Director of Filles du Calvaire, Paris; Features Editor of Digital Photographer Magazine, London; Director of Visual Delight, Paris; VP/Creative Director of Digitas, New York; Director of Acte 2 Gallery/Agency, Paris; Director of 13 Sévigné Gallery, Paris; Director of Galerie Polaris, Paris; Director of Chambre Avec Vues, Paris; World Picture Editor of Time Magazine, New York.
Winning entries from each major category (Advertising, Photojournalism, Book, Fine Art, Nature, and Portraiture) are exhibited in Paris at the prestigious Galerie Acte 2 and published in the high-quality, full-color Px3 Annual Book, which is distributed to galleries, agencies, publishers and bookstores worldwide.
About the Winner:
Contact ELOY TABOADA:
http://www.estudio108.com
ABOUT Px3:
The “Prix de la Photographie Paris” (Px3) strives to promote the appreciation of photography, to discover emerging talent, and introduce photographers from around the world to the artistic community of Paris.
Maloserá!!!
2009-11-24QUE NON ME REDUZAN O SER GALEGO A UNHA POBRE CARICATURA !

Exaltación do todo vale:
MALO SERÁ… MALO FOI!
CONSTRÚES SEN LICENCIA NIN PERMISOS, PAGAS Ó NEGRO, EXPLOTAS OS TEUS TRABALLADORES, OU METES CALQUERA OUTRA A VER SE NON TE COLLEN… MALOSERÁ!!!
VENDES O LEITE E AS PATACAS CEN VECES MAIS CARO DO QUE PAGAS, E TE SEGUEN VENDENDO E MERCANDO… MALOSERÁ!!!
O HIMNO DAS COUSAS FEITAS A MEDIAS OU MAL FEITAS!
VAS CONDUCIR CON 20 CERVEXAS ENRIBA?
MALO SERÁ… E MALO FOI!
ENORGULLEZÁMONOS DO QUE FACEMOS BEN OS GALEGOS, QUE POUCO TERÁ QUE VER CO MALO SERÁ!
Enrique Fernández Aneiros, bisavó de Inés
2009-11-23Avó de Eva e bisavó de Inés, Enrique, naceu o 23 de Novembro do ano 1909 en Montoxo, Cedeira.
Tempos nos que se nacía na casa, Enrique non pisa un hospital ata sendo xa un home, en que viaxa a Compostela, para unha operación de estómago desas que por aquel entón non deixaban a moitos de pé. Se non morrías daquela, xa non morrías de nada.
Gábase Enrique de ir a guerra sen soltar un tiro, xa que ben chegando ó “frente”, a Guerra Civil rematou.
Historias de camiños sen asfaltar dende San Andrés ata unhas rúas do Ferrol tamén todavía sen asfalto, que unenno a un cun pasado ben distinto.
Esa tranquilidade, esa paz do rural presente na súa cara e nos seus ollos.
Moitas fillas e dous fillos, moitos netos e netas, e non poucos bisnetos e bisnetas, familiares naturais e políticos lamentamos que por cousa dun mes non chegara hoxe os cen anos, pero celebramos que fora en tan boas condicións físicas e psíquicas, sen sufrimento visible e con toda a súa dignidade, como nos compraceu ca súa compaña ate o fin dos seus días, grazas especialmente a quen tan ben o coidou no día a día, as súas fillas Mercedes e Flora e ó seu xenro Armando.
Enrique leu o xornal a diario ate hai cousa duns meses, non lle faltou o viño nin o ponche con ovo, e xogou moito ó dominó. El xa viviu o seu, e ven que o fixo, agora tócanos a nos mover ficha a ver se chegamos aló!
Parabéns Enrique!
Porque naciches hoxe hai cen anos,
dende aquí te felicitamos!
Sempre estarás con nos!

