Archive for the ‘Nadal’ Category

Feliz Aninovo!

Sábado, Decembro 31st, 2011

Non poido pedir mellor desexo que manter viva a utopía, en tempos tan despiadados como os que estamos a vivir.

Que non morra a idea de que un mundo con dereitos sociais é posible.

O venres fun ao médico en Ferrol, e nun ambulatorio no que traballan habitualmente oito médicos había so dous traballando, e a xunta non manda substitutos. Se hai algo claro e que conquerimentos sociais que levaron moito tempo para se acadar e onte parecían indiscutibles, fánsenos hoxe ver como mortos.

Loitemos porque non sexa así, e sobre todo non rebaixemos a nosa idea do que é posible, xa que o utópico, o que “non á lugar” e a peza fundamental que sempre fixo avanzar ao ser humano.

O meu desexo indiscutible para o ano entrante é a superación do cancro de mama da miña tía, e con ela, deséxolle a todo o mundo que anda na mesma loita, a superación, e que o noso sistema de saúde non nos falle.

A tódolos demais que teñen a sorte de non se ter que enfrontar a un problema serio de saúde, dicirlles que nunca choveu que non escampara, e que agora é tempo de agarrarse que hai curvas e podemos caer, e so ha i que manterse forte pra se erguer outra vez.

Está claro que moitos o están a pasar mal, pero penso que a única saída é sempre non cesar na busca dunha saída. Moitos bicos e só agardo que estas sabias palabras de Galeano sexan cumpridas algún día, nun mundo mellor para os nosos fillos e filas:

Agasalla en galego!

Sábado, Decembro 24th, 2011

http://www.agasallo.eu/

http://issuu.com/ctnl/docs/agasallo_2010_propostas_regalos_galego_32/32

Nadal

Sábado, Decembro 24th, 2011




Felices festas!

Venres, Decembro 23rd, 2011


http://www.agasallo.eu/

http://issuu.com/ctnl/docs/agasallo_2010_propostas_regalos_galego_32/32