Archive for the ‘Loita’ Category

Idígnense

Venres, Xullo 20th, 2012

#Indignados, o documental sobre o Movemento #15M (Completo)

por Tony Gatlif, director de pelis como “Latcho Drom

Votar, non votar, a quen votar ou como votar para facer dano ao PPSOE…

Luns, Novembro 14th, 2011

O VOTO BRANCO E NULO favorecen PPSOE e prexudican minoritarios!

O voto BRANCO vai directo para o mais votado, abstense aceptando o que decida a maioría.
A abstención e o VOTO NULO non contan, así que favorecen aos mais votados debido á lei de partidos, facendo que o seu voto valla DÚAS OU TRES VECES mais que o dos minoritarios, converténdonos en cidadáns de terceira, quitándonos voz e voto!
Se queres voto protesta e molestar ao PPSOE de verdade, VOTA, anque sexa por alguén sen posibilidade algunha!
Lei electoral= A maior porcentaxe, menos votos por escano.
A menor porcentaxe, farán falla moitos mais votos para conquerir un escano.
Para facerlles dano baixemos a súa porcentaxe!

Chámaslle democracia a isto que temos? A votar cada catro anos entre o Demo e o Diaño? A que as minorías non estean representadas? A que as listas estean cheas de corruptos? A que a política se venda á banca? A que podan prometer unha cousa e facer a contraria? A que non escoiten o clamor do pobo en temas tan serios como a guerra, o Prestige ou a lei SINDE? A que os políticos podan compatibilizar pensións multimillonarias con salarios non menos onerosos que son pago de favores políticos? A que marques no cadriño da Facenda que non den os teus cartos á “Santa Madre” e llos sigan a dar? A que se vote como se vai ao fútbol?

Para facerlles dano baixemos a súa porcentaxe!
Polo menos grazas a artigos coma este algunha xente decide ir votar… http://www.lavanguardia.com/magazine/20111027/54237283154/carta-a-jennifer.html

http://www.pateandopiedras.com/2011/04/la-diferencia-entre-abstenerse-votar-en-blanco-y-el-no-les-votes/

AritmEtica20N: Matemáticas para romperlle o xogo aos partidos maioritarios

En España rumbo a las elecciones del 20 de noviembre nos encontramos con esta peculiar página web donde hacen un cálculo de cuál es la opción más asequible para votar y apoyar la campaña de No Les Votes y Vota A Otros. En el sitio encontramos una tabla de cálculos con la cual aseguran al votar por los partidos recomendados se rompería la hegemonía del PP y del PSOE en las principales circunscripciones electorales:

En cada circunscripción electoral votaremos al partido más fuerte que no sea PP, PSOE o CiU (recordemos que aprobaron la ley Sinde: nolesvotes).
No se trata de votar al partido que nos desagrada menos o que nos gusta un poco, sino de utilizarlos para que se peleen entre ellos. Divide y vencerás.
En esta tabla hemos colgado unos cálculos basados en los resultados de las últimas elecciones (2008 y 2011) y en las recientes encuestas del CIS. Con una buena aproximación, muestran qué partido hay que votar para romper el liderazgo de PP, PSOE y CiU en cada circunscripción, el partido que puede romper el monopolio.
Se necesitan muchos votos para romper su juego. Concentrémoslos.
Aunque la reglas no sean las nuestras y no queramos jugar, si no jugamos nos la juegan.
No dispersemos los votos en partidos mejores, pero demasiado pequeños para ser un peligro real para ellos; no permitamos con nuestra abstención que el bipartidismo triunfe de nuevo.
Podemos hacer imposible que nos gobiernen reventando su legitimidad desde dentro.
No es aprecio, no delegamos en ninguno de ellos, ni les creemos.
Es pura aritmética, #AritmEtica20N
Link: #Aritmetica20N
VOTO BLANCO Y NULO favorecen al PPSOE y perjudican a los minoritarios! El BLANCO va directo para el mas votado, ACEPTA LO QUE SALGA. Abstención y NULO no cuentan, así que favorecen a los mas votados debido a la inconstitucional ley de partidos, que hace que su voto valga por dos o tres de los de los minoritarios, convirtiendonos en ciudadanos de tercera, quitandonos voz y voto! Si quieres molestar al PPSOE de verdad vota, aunque sea por alguien sin posibilidad alguna!
Ley electoral= A mayor porcentaje, menos votos por escaño. A menor porcentaje, harán falta muchos más votos para conseguir un escaño. Para hacerles daño bajemos su porcentaje!

¿Le llamas democracia a ÉSTO que tenemos? ¿Le llamas democracia a votar cada catro años entre Demonio y Diablo? ¿Le llamas democracia a que las minorías no estén representadas? ¿Le llamas democracia a que las listas estén llenas de corruptos? ¿Le llamas democracia a que la política se venda la banca? ¿Le llamas democracia a que puedan prometer unha cousa y hacer la contraria? ¿A que no escuchen el clamor del pueblo en temas tan serios como la guerra, o el Prestige o la ley SINDE? ¿A que los políticos puedan compatibilizar pensiones multimillonarias con salarios no menos onerosos, que son pago de favores políticos? ¿A que marques en la casilla de Hacienda que no den tu dinero a la Santa Madre” y se lo sigan dando igual?¿Le llamas democracia a que se vote como se va al fútbol?

Por lo menos, gracias a articulos como este, alguna gente se decide a ir a votar… http://www.lavanguardia.com/magazine/20111027/54237283154/carta-a-jennifer.html

Propostas contra a INDIGNACIÓN

Luns, Outubro 24th, 2011

Recibín por e-mail un deses FW que circulan pola rede con propostas interesantes, que dicía:

“España debe reducir o seu déficit de 9,4 puntos porcentuais no próximo decenio, unha redución máis drástica no mundo, segundo o Fondo Monetario Internacional tamén esixiu un corte nos beneficios de saúde para o noso país para reducir a débeda.

Chegou a hora de coller o touro polos cornos e recortar:

Redución da pensión vitalicia de tódolos deputados, senadores e demais “pais (e nais) da patria” e

Incompatibilidade da mesma con calquera actividade económica.

Revisa-los salarios dos alcaldes e outros políticos que se poñen os cartos que lles peta.

Cambiar as leis e, ademais de cadea para os ladróns, obrigar aos políticos que roubaran e demais “adxuntos”, a devolveren o diñeiro ás arcas das comunidades onde foi roubado.
Só entón se lles facilitará data de xuízo e nunca antes. Penas proporcionais aos delitos e monto económico dos mesmos.

Eliminar tódolos coches oficiais (cousa que se fixo hai 40 anos nos pactos da Moncloa e funcionou, “non é posible que teñamos máis coches oficiais que os EEUU”).

Anular tódalas tarxetas visa oficiais (que cada un baile co seu pano) e poñer na rúa a tódolos “cargos de confianza” (temos funcionarios de sobra para encargarse de eses labores).

Tódolos diplomáticos excepto un embaixador e un cónsul en cada país. (Non é posible que malgastemos nisto máis que Alemaña e o Reino Unido).

Con iso, e con rebaixar un 30% as partidas 4, 6 e 7 dos presupostos xerais do estado (adeus “transferencias a sindicatos, partidos políticos, CEOE, fundacións opacas e chupópteros varios”) aforraríanse mais de 45.000 millóns de euros, no faría falla tocalas pensións nin os soldos dos funcionarios. Tampouco faría falla recortar 6.000 millóns de euros en inversión pública.

Os estranxeiros que delincan débense extraditar ao seu país.

¡¡¡ Coa metade do diñeiro que se recadaría con estas medidas, acabábase a crise de golpe!!!!

O principal problema da España é a casta política corrupta (verdadeiras mafias). Tódolos demais problemas son culpa deles.

Hai que limitar o seu numero, regular as súas actuacións e esixirlles responsabilidades.”

Non está mal, sería un bo comezo de proposta, pero eu engadiría…

Esquecese o diñeiro empregado en armamento e privilexios anacrónicos do exercito…

Esquece desproveer á igrexa católica do financiamento correspondente aos que non marcamos a súa casilla (e vergoñento que se ignore así a vontade do contribuínte)

Esquece desposeer aos banqueiros responsables deste gran desfalco de tódalas súas posesións primas e retribucións e metelos no caldeiro…

Así como revisar e controlar o despilfarro hipotecado en campañas políticas e o financiamento dos partidos…

E regular dende o estado os horarios e a actividade das multinacionais que estrangulan á pequena e mediana empresa a base de subornar autoridades locais…

Controlar os abusivos prezos cos que os intermediarios de alimentación estrangulan aos nosos sectores produtivos (O gando, o agro e o mar…)

E revisar os abusos económicos da nosa monarquía en empresas de enerxía ou telecomunicacións como TELEFÓNICA, alias “Timofónica” que a pesares de seren as que mais estafan ao consumidor son intocables...

E revisar as funcións de institucións duplicadas como as deputacións e o senado…

Os políticos recortan os servizos públicos en lugar de recortarse os ingresos:
http://www.youtube.com/watch?v=0akvUBVkluE&feature=player_embedded


De todos xeitos a diferenza é que se a maioría non vota gañan os de sempre e pérdese xente válida coma esta:
http://www.youtube.com/watch?v=UEUPOsoPWGw&feature=related


O que está claro é que privatizando cousas rendibles e socializando perdas, é imposible que o valor do noso estado deixe de caer.

Débese lembrar que países como Arxentina comezaron a remontar a súa crise ó deixar de pagar o FMI para manter a estabilidade do estado, valla a redundancia.


15-O no Morrazo

Xoves, Outubro 20th, 2011

O mais simpático  da manifa do sábado en Moaña eran os dous executivos que se pasaban o saco dos cartos por riba das cabezas d@s manifestantes.

Cabe resaltar que no Morrazo somos conscientes do que supoñen as privatizacións, xa que levamos moitos anos padecendo a atención hospitalaria de POVISA, e parece que vai para longo…

Algúns dos slogans:

Somos o fermento que levanta a masa!

Non hai pan para tanto chourizo!

Nin dereitas nin esquerdas…

Son os de arriba e veñen polos de abaixo!

Apaga a tele e acende a mente!

Trans-pa-ren cia!

Privatizamos ganancias e socializamos perdas!

Mexan por nos e dinnos que chove!

Penso, logo estorbo!

Non é crise, é o sistema! Non é crise, é estafa!

Que nos gobernen as putas…

Os seus fillos non saben!

Netos no paro, avós traballando!

Pedironme que lera unha das reivindicacións, e non tiven reparo en ler contra a banca reclamando soberanía económica, banca pública, a dación en pago dos cretos hipotecarios, o control das transaccións internacionais, a desaparición dos paraísos fiscais e dos privilexios dos grandes capitais, criterios de comercio xusto e produción enerxética baseados en valores éticos e sostibles para o medio ambiente… CASE NADA!

É unha magoa que non se atopo por Internet o texto completo do que se leu. Penso que se quedaron cortos ao falar das multinacionais coma se só afectaran aos países pobres, co dano que están a facer aos produtores minifundistas de TODO O MUNDO, incluidos o noso leite, o noso agro, a pesca, e a nosa pequena empresa que esta a ser barrida dun plumazo.

Pero penso que a divertida marcha foi todo un éxito tendo en conta que o groso da xente acudiu á multitudinaria convocatoria do veciño Vigo.

Saúde e revolución!