Archive for the ‘etc’ Category

Indignádevos. Todo depende de vos.

Venres, Setembro 30th, 2011

Absolutely delicious

Sábado, Xullo 3rd, 2010

Delicious taste, delicious settings, delicious images, delicious aesthetics,

delicious harmony, delicious initiative…

Meet Your Farmer – Chase Farm from Pull-Start Pictures on Vimeo.

Pero será tan dificil chegar a algo así?

Non existen todo-los ingredientes na nosa terra?

Que envexa!

Enrique Fernández Aneiros, bisavó de Inés

Luns, Novembro 23rd, 2009

D.Enrique patrón0051

Avó de Eva e bisavó de Inés, Enrique, naceu o 23 de Novembro do ano 1909 en Montoxo, Cedeira.

Tempos nos que se nacía na casa, Enrique non pisa un hospital ata sendo xa un home, en que viaxa a Compostela, para unha operación de estómago desas que por aquel entón non deixaban a moitos de pé. Se non morrías daquela, xa non morrías de nada.

Gábase Enrique de ir a guerra sen soltar un tiro, xa que ben chegando ó “frente”, a Guerra Civil rematou.

IMG_5387 Historias de camiños sen asfaltar dende San Andrés ata unhas rúas do Ferrol tamén todavía sen asfalto, que unenno a un cun pasado ben distinto.

Esa tranquilidade, esa paz do rural presente na súa cara e nos seus ollos.

Moitas fillas e dous fillos, moitos netos e netas, e non poucos bisnetos e bisnetas, familiares naturais e políticos lamentamos que por cousa dun mes non chegara hoxe os cen anos, pero celebramos que fora en tan boas condicións físicas e psíquicas, sen sufrimento visible e con toda a súa dignidade, como nos compraceu ca súa compaña ate o fin dos seus días, grazas especialmente a quen tan ben o coidou no día a día, as súas fillas Mercedes e Flora e ó seu xenro Armando.

Enrique leu o xornal a diario ate hai cousa duns meses, non lle faltou o viño nin o ponche con ovo, e xogou moito ó dominó. El xa viviu o seu, e ven que o fixo, agora tócanos a nos mover ficha a ver se chegamos aló!

cumplepp0054b

Parabéns Enrique!

Porque naciches hoxe hai cen anos,

dende aquí te felicitamos!

Sempre estarás con nos!

Alarm

Xoves, Setembro 10th, 2009

Comeza o curso e moita xente sentirase coma min totalmente identificada co personaxe deste curto. Eu tamén teño un cento de alarmas postas para suplicio dos que me rodean!

De todos xeitos hei dicir que o ter un bebé madrugador na casa é mais efectivo que toda-las alarmas do mundo!

Alarm

Animación koreana cargada de realismo en 3D, realizada por Masai e dirixida por Jang Moo-hyun: