Archive for the ‘Entrevista’ Category

Un Deus chamado Eduardo Galeano

Domingo, Xuño 19th, 2011

Se se puidera votar por un Deus, eu votaría por Galeano. Que bárbaro, que fonte de clarividencia inesgotable, e que sinxeleza a que emana da súa boca!

Neneta na Telegaita

Xoves, Outubro 8th, 2009

Esta mañá saíu na galega unha entrevista a Neneta Herrero, acompañada do escritor e xornalista Antón Lopo.

A primeira, en calidade de rexedora da ONG Shanga, da que xa falamos en outras ocasións (Mª Soliña: Unha experiencia solidaria), e o segundo en calidade de persoa que visitou o proxecto e colabora con el.

Organización ShangaIndia

Engado un enlace á gravación,  con afán divulgativo, non só porque se trate da miña nai,e polo orgullo de fillo que un sente, senón que tamén polo interese que suscita o proxecto e para contribuír ó exemplo de que o que quere pode.

O seu proxecto é tamén o de toda persoa que se queira involucrar nel, sempre que sexa sen animo de lucro (xa que os cartos recadados van integramente adicados a gastos da escola, e en ningún caso sufragan viaxes, ou gastos persoais de ningún outro tipo)

Pero en fin, se queredes saber mais ollade o vídeo:

Shanga from Iván Carrera on Vimeo.

A paxina web é: http://shangaindia.org/