Arquivo de 'A Nosa Lingua, A Nosa Fala'

O valor da túa firma

2009-08-04

Ollada a lingua no ensino – Xornal.com

2009-07-21

O profesor Xosé Rubal impartía clase de Métodos de Investigación Educativa na facultade de Pedagoxía da Universidade de Santiago cando foi profesor meu.

Ven de publicar unha serie de artigos acerca da polémica enquisa do galego no ensino.

Ditos artigos son de grande pertinencia tendo en conta a súa autoridade na materia.

Galegos orgullosos de selo

Ollada a lingua no ensino – Xornal.com

Oportunidade da enquisa aos pais

A valía científica da enquisa ás familias

Folleto censurado

Descarga Tríptico censurado pola Xunta

Legalidade da enquisa? Dubidosa
Rigor científico na enquisa? Dubidoso
Legalidade dos comunicados censuradores da liberdade de expresión nun centro educativo? Dubidoso
Legalidade de traballar cos datos persoais de país e nais nunha enquisa que en principio ía ser “voluntaria” e “anónima”? Dubidosa

NON Á IMPOSICIÓN DO CASTELÁN, SI ÁS LINGUAS DO ESTADO ESPAÑOL
NO a la IMPOSICIÓ del Castellà, SI a les llengües de l’Estat Espanyol
Gaztelaniaren INPOSAKETARI EZ, Espainiar Estatuko hizkuntzei BAI

Super-útil

2009-07-17
Ligazón a un sinfín de ferramentas para tod@s aquel@s que queiran escribir en galego, preocupandose pola correción.
Aconsello concretamente botar unha ollada ó apartado dicionarios e vocabularios temáticos

Como non me canso de dicir (ata que alguén me ilustre co contrario) a nosa lingua atopase nunha situación sen precedentes lingüísticos coñecidos,  na que falantes asiduos, por moi concienzados que estén no uso do galego, botanse a tremer á hora de escreber na nosa amada lingua. Ó mesmo tempo, falantes nada concienzados, vótanse a rexeitar, e mesmo a odiar a nosa lingua, e a considerala unha barreira. Por qué? por culpa dun clásico: a corrección ortográfica!

Falando este día en Cedeira con xente maior, nun bar, en galego, estes mantiñan falar outra cousa, que o que falaban non era galego: Agora vai resultar que o galego da xunta vai ser o galego, e o da xente da rúa, o dos falantes, xa non vai ter nin nome!

A maior parte dos falantes asiduos da nosa lingua non ousan escreber nela.
A maior parte dos que adquiren academicamente a corrección ortográfica na nosa lingua, non a falan!

Eu avogo por un ensino do galego lúdico coma o do Inglés de hoxe, por esquecer a corrección e centrarse na comunicación, rematando así coa oligarquía “culta” especialmente nunha lingua que resistiu no ambito oral, e á que o escrito está a frear.

Sres académicos, o importante é a comunicación, e non todo o mundo ten o tempo ou a formación ou o contacto coa tecnoloxia para o uso de correctores. O tempo fuxe, os falantes de galego van morrendo escribindo correctamente EN CASTELÁN!

Moitos linguistas defenden suprimir a H, unificar Bs e Vs, usar a k para o son k e o z para o son z, etc
Non o sei, o que faga falta para gañar en escritores confiados!
Namentres ahí arriba quedan algunhas ferramentas útiles para a “corrección”.

Camisetas "Eu quero o galego" da manifestación do 18 de maio do 2009


Nomes galegos

O galego no ensino

Resposta aos ataques contra A Mesa pola Normalización Lingüística
Mapa

Non poido cas grazas!

2009-01-25

O sinto moito pero non, aínda que mas metan dobradas polos medios, substituíndo en canto programa serie ou filme teña a galega por vello que sexa, aínda que mas queiran meter polos ollos e polas orellas un cento de milleiros de veces, eu cas grazas non podo, e non me fan a mais mínima graza.

Algúns diranme que a normativa faría grandes cousas pola nosa lingua. Eu, na miña vida, que non e longa nin curta, nos meu 36 anos, o que digo é que primeiro os meus avós deixaban de falar galego ante un mequetrefe de sete anos coma min que arrogante lles corrixía con catro palabras que aprendera na escola, o galego que eles levaban a súa vida enteira falando, e que sobrevivira de xeración en xeración, só por tradición oral.

Cando cheguei de Vigo Ó Hio, en sexto da antiga EXB asistín ó feito de que un urbanita coma min, que só falaba castelán, sacaba as mellores notas no galego académico, mentres que @s outr@s nenos e nenas que o falaban a diario, suspendían maioritariamente as linguas, xa fora o galego ou o castelán.

Agora asisto a unha nova estacada no peito da nosa lingua, cando son testemuña de como ese galego aprendido academicamente, que desvencellou por pura vergoña ós meus avós da súa lingua, e que moitos estudantes consolidamos na universidade, xa non se escrebe como o aprendemos.

Que lingua sobrevive a tanto cambio? Existe algunha lingua na que a xente universitaria, téndoa como propia e consolidada na universidade, non se atreva a expresarse por temor ó erro e ás faltas de ortografía? Hai que ser lingüista para se expresaren por escrito na nosa lingua? Non chega con que antes se riran de nos os casteláns, senón que agora riranse de nos @s nos@s fill@s e net@s, e os nosos lingüistas?

Se cadra, os nosos lingüistas adoecen das mesmas doenzas que os nosos veciños, os arrogantes lingüistas da RAE, que se permiten ditar, en lugar de recoller, que pensan que a lingua hai que prescribila, cando a lingua e filla da fala, e a fala e a que ten que mandar nunha lingua.

Hai que recoller, sobre todo a fala dos avós, a menos contaminada polos medios, que experimentan con nos inxectándonos verbas inventadas.

E non o digo eu, o di a lingüística “moderna” (que xa nin tan moderna é), e as academias da lingua das outras linguas do mundo, coma a do inglés.

Na Galiza que eu coñezo o que sempre se dixo foi graciñas. Nin gracias nin grazas.

Na lingua portuguesa ensinase o respecto polos outros, xa que un fica “obrigado” con aquel que lle favorece en algo, na arrogante lingua castelá, as “gracias” implican un egocéntrico “yo me lo merezco todo“, xa que asumen ser favorecido por outro coma algo natural, sen pararse a pensar na reciprocidade do respecto.

Para min unha das grandezas da nosa idiosincrasia reside no carácter humilde do noso pobo, que non se da en agradecer sen mais, senón que no meu parecer, agradece dun modo máis empático, tendo en conta ó outro, a axuda, o servizo, o esforzo, o perxuizo polo que alguén poda pasar para axudarnos en algo. Ese modo empático resúmese na calidez do diminutivo agarimoso, nas graciñas que nos aproximan dun modo especial ó interlocutor, sexa parella, familiar, amig@, ou descoñecid@ totalmente pra nos.

Como lín noutro blogueXa non é que me soe mal a palabra grazas senón que tamén terei que ter coidado á hora de usala. Non parece unha palabra moi compatible co seseo, pois “grasas” pode producir un malentendido, ó igual que “ghrasas””. A gheada e o seseo tamén son nosos!