Hoxe en Cangas: 3 feridos e 16 detidos Posted Xullo 20, 2009 by Comité Cidadán
Esta mañá en Cangas, a Garda Civil cargou duramente contra os veciños e veciñas que pacificamente manifestábanse contra a destrución do litoral para a construción dunha urbanización e un porto deportivo. efectuaron 16 detencións, membros de Foro Social de Cangas, da Confraría de Pescadores, unha concelleira e outros persoas. Ante estes feitos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol quere facer público: A súa solidariedade cos feridos e detidos, esixindo a súa inmediata posta en liberdade. Esixir o cesamento do Subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, responsable da agresiva e desmedida actuación policial, en defensa de intereses especulativos privados. Reiterar o apoio deste CCE á loita que están levando a cabo, o Foro Social, a Confraría de Pescadores e o pobo de Cangas, en defensa da legalidade, da súa contorna e do medio de vida de moitas familias ¡Tod@s con Cangas ¡ ¡ A Ría non se vende !
Fontes:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
A xuíza libera aos detidos en Cangas tras unha noite nos calabozos da Garda Civil
Maruchi Álvarez, concelleira de Persoal e membro de ACE, que co BNG e o PSOE forma o goberno cangués, denunciou, unha vez libre e coas marcas das esposas visibles nas súas bonecas, que foron tratados «como auténticos delincuentes». Cualificou de incomprensible que un axente que «pesa uns 150 quilos» acúseas a ela e á recentemente operada, ambas de baixa estatura, delgadas e a segunda con muletas, de haberlle agredido.
Denunciou, por outra banda, o «cheiro pestilente» e a sucidade dos calabozos do cuartel de Cangas nos que durmiu, dixo, referíndose á recentemente operada, «unha persoa cunha ferida aínda aberta, con 22 grampas».
Afirma que no cuartel de Cangas sufriron uns malos tratos verbais constante por parte dalgúns axentes. Tiago Pérez e Ricardo Sánchez, do mesmo xeito que Se García, presentaron denuncia contra dous gardas por malos tratos e ata tortura, por apertar «con saña» as esposas ao detelos. A concelleira declarou á xuíza que cando se queixou aos axentes do dano que lle estaban causando, o que a había esposado respondeulle: «Tranquila, que se che doe, vaiche a doer moito máis».
