Galimintines64

2012-05-13

Hoxe puido ser un día coma outro calquera,

coma pode ser o comezo dunha nova vida.

Un día marca sempre un antes e un despois, coma un intre calquera ou un segundo.


Hoxe semellan rexurdir novamente os pulos do 15M nas rúas, coma contaxiado pola onda positiva desta semana na que marchou o corvo Sarkozy do noso pescozo e finou o bipartidismo grego, isolando e convertendo á Merkel no centro dunha diana na que a vella Europa quere coller folgos pra pelexar por unha virada de tornas.


Hoxe feliciteille os 90 anos ao meu querido avó Manolo, que os afronta con felicidade e desexo de continuar entre nós outros 10 ou 20, grazas especialmente ás atencións e ó agarimo da súa filla, a miña querida tía Elena.


Hoxe colguei na rede para uso ceibe, a primeira variación dunha distro linux que fago pública, optimizada e actualizada para o galego e con toda-las ferramentas que considero precisas pra aproveitar un ordenador sen necesidade de mercar un sistema operativo. Preparada cas fontes pra instalar TCOS (unha aplicación que nos permite a reciclaxe ou novo uso de PCs vellos en rede, en forma de terminais lixeiros que non precisan nin tan sequera disco duro para traballar).

Unha morea de xente desinteresada acada cousas coma as que eu aquí me limito a recompilar.


Hoxe celebro que o meu cuñado Andrés, (que me introducira no mundo do software libre) onte fixera mención pública no PechaKucha Night Ferrol VI da utilidade das miñas humildes reportacións ao seu traballo, dándome así o pulo para facelo chegar a quen o queira empregar ou modificar.


Combinando o nome da nosa querida terra, Galiza, e da nosa querida lingua galega, co do sólido sistema base Linux Mint12, e co nome da miña filla Inés, aparecese para sistemas de 64bits,
alimintines:

Linux para ti, e para todo…

1. Pincha na imaxe para descargar o arquivo .iso

2. Queima un DVD e arrinca o teu PC dende alí para probar o  sistema e as aplicacións sen modificar o teu sistema.

3. Se che arrequece, instala e que aproveite!

Agardo sexa do voso agrado e utilidade!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ñeñé

2012-02-06


Chuzame! A Facebook A Twitter

Inés fai catro. Seremos Vítimas do consumismo?

2012-01-28

No TRAFEGANDO RONSEIS, blogue do que son asiduo atopei un vídeo moi interesante, que aquí recolle, xunto cun segundo vídeo

Curtametraxe de animación tridimensional realizada por Pablo Llorens para SETEM da Comunitat Valenciana. O dilema entre «Homo consumus» e «Homo responsabilus» analizado polo Prof. Setemius dende o seu programa «Grandes Documentales Marcianos». ¡Non sexas Homo consumus! ¡Evoluciona!

Ambos vídeo tratan sobre o consumo, que nun día coma o de hoxe en que a nosa Inés fai catro aniños nos presenta mais de unha contradición en conflito ca nosa coherencia persoal.

Para quen ande nas mesmas e lle caiban dúbidas acerca da manipulación da que somos obxecto pais e fillos, aí vai unha boa reflexión sobre o tema:

Parabéns Inés, a ver se cho sabemos explicar, a ver se che sabemos educar…

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sir Ken Robinson

2012-01-10

Recentemente vin en redes a Sir KenRobinson.

Para quen non o coñeza, teño que dicir que é unha desas persoas que mais admiro no mundo, que a súa perspectiva é fundamental para a revolución da educación, o ensino, a creatividade e do noso mundo en xeral.

Ás súas observación son clave para manter viva a chama da utopía que fai posible toda revolución.
Quédome ca derradeira imaxe do vídeo que segue:

«Os nenos botan continuamente, como mostra de amor, os seus soños aos nosos pes, e hai que camiñar con estrema delicadeza para non llelos pisar»

Teño que dicir que o de redes está xenial, pero eu persoalmente non soporto a dobraxe que lle poñen.

En tendo que o Sr. Punset, que hai que dicir fai un programa do mais interesante, teña complexo de amosar a súa voz en inglés, pero fáiseme insoportable escoitar a súa voz por duplicado. Penso que gañaría moitos adeptos se deixasen a opción como moitos outros programas, de escoitar en versión orixinal.

O programa arriba enlazado foi do melloriño, pero para os que como a min lles gusta escoitar en versión orixinal, déixovos estes vídeos con subtítulos en galego. O primeiro que poño é o mais recente. O segundo o mais aclamado, e o terceiro un dos mais populares, e para min indispensables.

Mais videos na súa paxina: http://sirkenrobinson.com/skr/watch

Mais sobre el: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ken_Robinson

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp